CxG dispara contra Besteiro

Xoán Báscuas cre que Xosé Ramón Besteiro “é unha expectativa truncada”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/12/2013 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Leva un mes como líder do PSdeG e Xosé Ramón Besteiro xa está sendo criticado e xa non só polo PPdeG, senón tamén por Compromiso por Galicia (CxG), formación coa que, por outra banda, non mantivo ningún tipo de encontro oficial desde a súa chegada á dirección do Partido Socialista en Galicia.

Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia
Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia

Así, o secretario Xeral de CxG, Xoán Bascuas, vén de cualificar a Besteiro como “unha expectativa truncada”. Estas declaracións realizáronse despois dun encontro con militantes e simpatizantes en Pontevedra, e onde, preguntado polas primeiras semanas de xestión de José Ramón Gómez Besteiro, o líder galeguista cualificounas como “máis do mesmo”.

Bascuas entende que no PSdeG-PSOE “todo segue igual, ou peor”, xa que as primeiras accións levadas a cabo polo seu Secretario Xeral “responden ás vellas formas de facer política, e non distan tanto das do PP como nos queren facer ver”. Neste sentido, criticou o nomeamento de Méndez Romeu como Portavoz parlamentario “transmitindo á cidadanía unha mensaxe moi negativa, coas vellas caras da política de sempre en Galicia”. Tamén polas “bochornosas” declaracións abrindo a porta á privatización dos hospitais públicos, “ou como lle gusta dicir a el, a externalización da xestión e de certos servizos”. 

"Despacho no Hórreo"

"Logo colocouse un despacho no Hórreo, non sabemos se porque non se fía do seu grupo parlamentario ou porque non lle chega co que ten no Pino, á vez que quere blindarlle un retiro dourado a Pachi Vázquez colocándoo na Mesa do Parlamento, con chófer incluído”, engadiu o líder de CxG. 

Ademais, Bascuas criticou a intención de Feijóo e Besteiro de recortar o Parlamento de Galicia, "reducindo a súa pluralidade e apostando pola consolidación do bipartidismo moi en consonancia cos valores do socialismo”. Finalmente, criticou a Besteiro por "facerlle seguidismo ao PP" por apoiar o canon de Sogama na FEGAMP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

3 xaab

aleluia!! por fin nos centramos no que importa.... en convencer aos votantes de PP e PSOE de que hai alternativa sensata e cos pes nesta terra.

2 esquerdallo

É curioso que Xoan Bascuas sinale como "máis do mesmo". Supoño que outros poderíamos dicir del o de "o non polo non". Tamén é curioso que saiba máis do psdeg cós propios socialistas...

1 meritocrata

Non fai falta saber máis ca oposición dos partidos pró espanha , soamente tes que tter a consciencia política e historica que ambos partidos asi coma calquera ideoloxia en pró de espanha condena a Galiza socialmente , economicamente e a identidade nacional a desgraza . Aver acaso ambos partidos non pactarón inúmeras veces en Madrid en pró de Espanhistán para foder literalmente coa nazón galega coma exemplo a ruina do sector naval non é sinónimo do PP pero tamén do PSOE que fodeu co naval galego nos 70' e fodeu co aval do PP , igual que foderón co sector lacteo galego os do PP co aval do PSOE e todo pola gran desgraza que chámase espanha , prisíon de dignas e antergas nacións antes ricas coma a Galiza pero probes todo en nome dunha sagrada prisión de nacións , Espanha non .

1 navigat

Fan ben. O verdadeiro socialismo galego está en CxG

1 unhamaisdecxg

O único "inimigo" é o PP sexan do birrete ou da boina. O socialismo galego é CxG o mesmo que o vasco e o catalan é o PNV e CiU.

2 Ruben S.

O verdadeiro que? Dende logo que non, absolutamente falsa e falta de verdade a túa afirmación. Dónde está a suposta seriedade de CxG? CxG di nos seus estatutos que quere ser un partido socialdemocrata, pero iso non nada máis que palabriñas. Dende logo indo da man do PNV non se pode dicir que os actos sexan socialistas, máis ben apuntan directamente ou direitamente á dereita ideolóxica.

3 meritocrata

Temos coma exemplo Escocia , Catalunya Que luitas entre dereitas e esquerdas é para os chorvos , mezquinhos e tódolos que pensan a moi corto prazo , tal luita interna porque é luita nacional interna é ######. Os da esquerda e os da dereita nacional galega deberían tomar coma exemplo os nórdicos e escoceses . Ambos passan de lonxe , de largo de tal tolemia .##### é para tódolos que pensan corto e pensando corto non se achega a nada