A Deputación de Ourense entrega axudas á natalidade a 269 familias da provincia

O presidente da Deputación ourensá, Manuel Baltar, reivindicou a "utilidade e sentido social" da Deputación de Ourense, que desde 2016 entregou máis de 2 millóns en axudas á natalidade, compatibles con calquera outras, a máis de 6.000 familias dos 92 municipios da provincia.

Por E.P. | OURENSE | 24/06/2021 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Un total de 269 familias reciben esta semana cartóns con entre 300 e 500 euros do programa de fomento da natalidade da Deputación de Ourense ChegOU para a compra en farmacias e parafarmacias de produtos de hixiene, alimentación ou saúde para os bebés.

O pazo provincial acolleu este xoves a entrega das primeira axudas nun acto simbólico no que sete nais recolleron de mans do presidente provincial, Manuel Baltar, o seu cartón moedeiro en representación das 269 familias que esta semana reciben os apoios.

Na entrega, Baltar reivindicou a "utilidade e sentido social" da Deputación de Ourense, que desde 2016 entregou máis de 2 millóns en axudas á natalidade, compatibles con calquera outras, a máis de 6.000 familias dos 92 municipios da provincia.

Unhas achegas que, segundo dixo, saen do diñeiro de todos o ourensáns pero quedan no territorio, como ocorre tamén con outros programas que xestiona para facilitar a creación de emprego no rural, en referencia ao plan EmprendOU.

"En 2016 fomos pioneiros entre o catro provincias galegas na posta en marcha do programa ChegOU e hoxe seguimos sendo a primeira e única provincia da comunidade, pero ademais a institución que máis rápido xestiona unha axuda en España, cun período medio de 5 días entre a presentación da solicitude e o envío do cartón, mesmo coa novidade dunha aplicación para solicitar o cartón desde o móbil", destacou.

Esta App permite presentar as solicitudes directamente desde o móbil ao Rexistro Xeral da Deputación, incorporando o concepto de "expediente aberto", no que o cidadán pode coñecer en todo momento e en tempo real o estado da súa solicitude, visualizando un cronómetro co tempo empregado na resolución e recibindo notificacións.

Nos 20 primeiros días transcorridos desde a apertura do prazo de solicitudes do cartón ChegOU, o pasado 1 de xuño, a área de Benestar da institución recibiu case 400 peticións. As 269 familias que nesta semana reciben as axudas correspóndense co 100% das solicitudes resoltas ata o pasado día 15.

A estas axudas poderán optar todas aquelas persoas que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do presente ano teñan un fillo, adopten ou accedan á tutela de menores.

Os beneficiarios recibirán un cartón electrónico coa cantidade concedida e que, unha vez activado, permitirá a súa utilización en farmacias e parafarmacias da provincia para a adquisición de produtos hixiénicos, alimentarios ou de saúde relacionados co bebé. O cartón permanecerá activo ata o 31 de maio de 2022.

Entrega Manuel Baltar as axudas do Programa ChegOU ós novos ourensan nados durante a último ano en Ourense.. DEPUTACIÓN /ALBERTE PAZ GARZA / Europa Press
Entrega Manuel Baltar as axudas do Programa ChegOU ós novos ourensan nados durante a último ano en Ourense.. DEPUTACIÓN /ALBERTE PAZ GARZA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta