O Goberno pide ás CCAA con linguas que se impliquen no seguimento das recomendacións do Consello de Linguas

Pide que nomeen un membro do seu persoal que promoverá e impulsará o cumprimento das obrigacións en materia de linguas.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 01/07/2021 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

O secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública, Víctor Francos, e a secretaria xeral de Coordinación Territorial, Miryam Álvarez, reuníronse este xoves con representantes das comunidades autónomas con linguas cooficiais --País Vasco, Cataluña, Galicia, Comunitat Valenciana, Navarra e Baleares-- para facer seguimento das recomendacións e conclusións acordadas no último Consello de Linguas, celebrado en decembro de 2020.

O Ministerio de Política Territorial e Función Pública informou ás comunidades autónomas das actuacións levadas a cabo desde entón, en cumprimento dos devanditos acordos. Neste sentido, solicitouse ao resto de ministerios que cada un deles designe un membro do seu persoal que promoverá e impulsará o cumprimento das obrigacións en materia de linguas, como é o caso da tradución de documentos, o acceso ás páxinas web nas linguas oficiais, así como a atención ao cidadán.

Segundo informou o Ministerio nun comunicado, estas persoas recibirán formación en sensibilización sobre normativa vixente sobre linguas e ferramentas informáticas de tradución automática. Ademais, crearase un grupo de traballo integrado por estas persoas e que coordinará o Ministerio de Política Territorial e Función Pública.

Deberán revisar a normativa vixente e elaborar un conxunto de boas prácticas que clarifiquen as obrigacións da Administración Xeral do Estado (AGE) en relación coas linguas oficiais, confeccionando un repositorio de documentos e normativa actualizada ou modelos en linguas oficiais.

Por outra banda, os pasados 1 e 2 de xuño, a Oficina de Linguas Oficiais do Ministerio organizou unha formación dirixida a sensibilizar sobre as obrigacións en materia de linguas oficiais no marco da AGE e a achegar información sobre o uso da ferramenta de tradución automática (Prata).

Integrantes da Real Academia Galega, o Institut d’Estudis Catalans, a Real Academia da Lingua Vasca - Euskaltzaindia, a Fryske Akademy, Lo Congrès Permanent de la Lenga Occitan e EURAC - Institute for Applied Linguistics na sinatura dun convenio para potenciar as linguas minorizadas de Europa
Integrantes da Real Academia Galega, o Institut d’Estudis Catalans, a Real Academia da Lingua Vasca - Euskaltzaindia, a Fryske Akademy, Lo Congrès Permanent de la Lenga Occitan e EURAC - Institute for Applied Linguistics na sinatura dun convenio para potenciar as linguas minorizadas de Europa | Fonte: RAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta