Escotet resta "valor" ás críticas da oposición á universidade de Abanca e cre que se verán "acaladas"

Reivindica que esta universidade "vén complementar a oferta educativa que existe actualmente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, restou "valor" ás críticas dos grupos da oposición á universidade privada que impulsa a súa entidade, ao confiar en que se verán "acaladas" a medida que se desenvolva este proxecto.

Así se pronunciou Escotet a preguntas dos xornalistas en rolda de prensa tras a recente aprobación en solitario por parte do PP no Parlamento galego do proxecto de lei de recoñecemento da Universidade Intercontinental da Empresa, impulsada por Abanca a través de Afundación.

"É unha magnífica noticia para Galicia", reivindicou, sobre unha iniciativa que ao seu xuízo "vén complementar a oferta educativa que existe actualmente" na comunidade da man de "tres estupendas universidades públicas".

Na súa opinión, "ten moito valor que sexa a primeira universidade privada do noroeste español", tendo en conta que "a maioría das rexións de España teñen universidade privada". "E ten especial valor o que é unha universidade creada sen ánimo de lucro, que se vai a financiar exclusivamente con fondos privados e ademais contará cun amplo sistema de bolsas", incide.

Ademais, chama a atención sobre que "é unha universidade que nace cunha vocación moi clara de estar o máis preto posible do empresariado para tratar de xerar oferta laboral acorde á demanda".

Nesa "vocación moderna, de xerar vínculos potentes co sistema empresarial" centrouse para limitarse a apuntar que respecta "as discrepancias que puidese haber" na Cámara autonómica, aínda que non lles dá "valor". "Cremos que na medida que se vaia desenvolvendo o proxecto moitas desas inquietudes veranse acaladas", resolve.

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet | Fonte: ABANCA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta