Tres novos talleres en liña para os concellos pontevedreses sobre mercadotecnia para pequenos comercios

A Deputación de Pontevedra oferta obradoiros sobre estratégia SEO/ SEM para negocios locais.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 25/07/2021 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra, a través de Smartpeme, oferta esta semana tres novos talleres en liña sobre mercadotecnia para pequenos comercios onde se explicará a promoción dun negocio con Google 'my business', a elección das palabras crave para elaborar unha estratexia SEO/SEM e a mellora do 'footer' dunha web.

Así, este martes 27 impartirase o taller "Promociona o teu negocio con Google My Business", no que o licenciado en Comunicación Audiovisual, Adrián Fernández, falará da ferramenta enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade e un maior aproveitamento por parte dos pequenos comercios da súa potencial clientela.

O mércores 28, María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá "Aprende a elixir as palabras crave para a túa estratexia SEO e SEM", onde explicará a importancia do posicionamento nos motores de procura da man da selección de palabras crave.

Para finalizar, o xoves 29, "Como mellorar o 'footer' da túa web", onde a graduada en en Publicidade e Relacións Públicas, Fátima Faílde, abordará esta sección das webs e explicará a maneira de sacarlles o máximo partido.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. RAFA ESTEVEZ
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. RAFA ESTEVEZ | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta