Galicia empezará a dobrar a curva da quinta onda nunha semana, segundo Feijóo

O presidente pon como exemplo Ourense e sinala que o comité clínico seguirá axustando as restricións á situación de cada municipio.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/07/2021 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prevé que o incremento da incidencia da covid-19 en Galicia seguirá á alza ao redor dunha semana máis e, na primeira de agosto, a Comunidade empezará a dobrar a curva da quinta onda. Así o trasladou en declaracións aos medios, en Caldas de Reis, onde foi preguntado polos eixos que centrarán o debate do comité clínico que asesora o Executivo autonómico na pandemia e que se reúne habitualmente os martes.

Respecto diso, o presidente esgrimiu que o comité seguirá analizando de forma "rigorosa" os parámetros que marcan o protocolo de actuación sanitaria en Galicia, co foco na incidencia a 7 e a 14 días, e na presión asistencial, entre outros puntos. "Se vemos que hai concellos que empeoran, subirán as restricións; e se hai outros que melloran, baixarán", dixo Feijóo, quen situou como paradigma a evolución de Ourense, en alusión ao camiño que podería darse no resto do territorio.

"OURENSE BAIXA DE FORMA CLARA"

"Hai un caso moi claro, Ourense. Cremos que Ourense tocou tope máximo de incidencia nesta onda e está a baixar de forma bastante clara", exemplificou, antes de engadir que, a evolución ourensá fai prever que "aínda queda unha semana de incremento da incidencia media" en Galicia. 

"Pero estamos xa máis preto. Espero que a primeira semana de agosto empece a baixar", augurou, antes de vincular este descenso coas últimas medidas adoptadas pola Administración galega. Para analizar a súa influencia nun ciclo completo haberá que esperar aínda varios días.

Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta