Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 18:43
O programa da Xunta 'Danza 3' intensifica durante este mes de agosto o seu percorrido por Galicia, con sete novas citas protagonizadas por tres agrupacións integrantes do colectivo XOC: Xacarandaina da Coruña; O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela. A iniciativa, que está a celebrar a súa novena edición, desenvolverá ata finais de setembro 15 funcións noutras tantas localidades como parte da oferta cultural do Xacobeo 21-22.
O grupo de baile O Fiadeiro será o encargado de abrir a carteleira de agosto, con dúas actuacións esta mesmo fin de semana, que terán lugar este sábado, ás 20,30 horas, no Auditorio de San Bieito da Guarda e o domingo 8, tamén ás 20,30 horas, na Chaira da Seca, en Poio.
Así mesmo, este domingo Cantigas e Agarimos viaxará ata O Carballiño para a función que terá lugar na praza da Veracruz, ás 20,00 horas. A formación compostelá, que este ano conmemora o centenario da súa creación, estará tamén en Cambados o 15 de agosto; en Negreira o día 21 e en Carnota, o día 27.
A programación de agosto concluirá o día 29 en Carral, onde Xacarandaina ten prevista unha actuación de danza tradicional ás 12,00 horas, no Campo da Feira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.