A Sociedade Galega de Ornitoloxía rexeita de "pleno" os parques eólicos mariños en Galicia

Nun comunicado, advirte de que na comunidade galega, "toda a plataforma continental, entre Ribadeo e Fisterra, debería estar protexida ante calquera proxecto de parques eólicos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2021 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

A sociedade galega de ornitoloxía mostra o seu rexeitamento "pleno" aos parques eólicos mariños que, segundo advirte, "preténdense instalar" no sector do corredor migratorio de aves mariñas do norte de Galicia.

Nun comunicado, advirte de que na comunidade galega, "toda a plataforma continental, entre Ribadeo e Fisterra, debería estar protexida ante calquera proxecto de parques eólicos, como santuario migratorio, de alimentación e de invernada de aves mariñas, moitas delas reprodutoras en diversos países da UE".

"Esta protección, perfectamente compatible coa pesca sustentable, non o é con esas instalacións industriais", avisa a sociedade na nota de prensa.

Na actualidade, segundo engade, "só están protexidos tres tramos dese corredor migratorio" e "ante a ameaza que os parques eólicos supoñen para esas zonas e as súas áreas adxacentes, e o resto do corredor, a Sociedade Galega de Ornitoloxía insta ás autoridadeslocales, autonómicas, estatais e da Unión Europea a oporse e prohibir a instalación deses parques de aeroxeradores". Así o expresou, segundo indica, en diferentes alegacións presentadas no último mes e medio.

Eólicos mariños
Eólicos mariños | Fonte: Ecovive.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta