Comisados máis de 70 quilos de marisco e outras especies nun operativo contra o furtivismo en Oleiros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2021 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

O Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña comisou máis de 70 quilos de marisco e outras especies nun operativo contra o furtivismo levado a cabo no porto de Lorbe, en Oleiros.

Segundo informaron fontes do instituto armado, efectivos desta unidade detectaron a chegada de dúas embarcacións a porto e observaron como, dunha delas, baixaba unha persoa con dúas capachos cheos de boi de mar. Así, os axentes comprobaron que introducía estes capachos no interior dun vehículo, así como outras caixas con outras especies.

Por outra banda, da outra embarcación detectada, os seus tripulantes baixaron cunhas redes cheas de exemplares de centolla (que está en período de veda), algunhas delas ovadas.

Os axentes procederon a incoar senllas denuncias pola suposta infracción da Lei de Pesca de Galicia e comisáronse as capturas. En total, interviñéronse 38 quilos de boi de mar, valorados nuns 900 euros; 10 quilos de centolla, valorados nuns 400 euros; e 26 quilos doutras especies, valorados nuns 800 euros.

As centollas e os bois foron devoltos ao mar, xa que aínda estaban vivos, mentres que o resto das capturas foron entregadas ao centro benéfico Pai Rubinos da Coruña.

Marisco aprehendido nun opertivo da Garda Civil contra o furtivismo en Oleiros (A Coruña).. GARDA CIVIL
Marisco aprehendido nun opertivo da Garda Civil contra o furtivismo en Oleiros (A Coruña).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta