Galicia segue perdendo poboación moza a milleiros

Inicia o 9 de setembro o curso en Infantil y Primaria, con 9.180 alumnos menos con respecto ao 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia iniciará o 9 de setembro o curso nos ciclos de Infantil, Primaria e Educación Especial, con 9.180 alumnos menos con respecto ao curso 2019-2020 --ano escolar que quedo partido en marzo de 2020 pola pandemia--, segundo os datos provisionais recompilados pola Consellería de Educación.

Un total de 187.624 alumnos están chamados ás aulas para este xoves, en pleno proceso de vacinación dos adolescentes menores de 16 anos e coa "estabilización xeneralizada" dos datos de contagios e hospitalizacións na comunidade autónoma.

O Goberno galego asegurou que mantén o persoal por encima das que había no curso 2019-2020, a pesar das críticas do profesorado e os sindicatos nos dous últimos meses. Tamén lembrou que por agora manterá as medidas sanitarias "invariables" dentro das aulas. Especialmente nas que se refiren a os denominados 'grupos burbulla' sen distancia de seguridade.

EDUCACIÓN INFANTIL

A estimación do Executivo autonómico é que 55.698 alumnos inicien o 9 de setembro este curso escolar. Este dato supón unha redución de 2.356 nenos con respecto ao curso 2020-2021.

En canto ao tipo de centros, a educación pública segue á cabeza con 39.191 alumnos, seguida polos centros concertados, con 15.414 e a privada con 1.093 alumnos.

Un dos datos destacables en canto á repartición por provincias é que, a pesar de que na Coruña conta con 17.243 alumnos en centros públicos e Pontevedra 13.858, a diferenza en canto ao alumnado en concertados é imperceptible: Pontevedra está por encima, con 6.103 alumnos, mentres que A Coruña ten unha estimación de 6.061.

EDUCACIÓN PRIMARIA

Na Educación primaria, os datos falan de que 130.774 alumnos empezan en Galicia as clases este xoves. Neste nivel educativo, o descenso na matrícula supón 2.482 mozos menos con respecto ao curso anterior.

Por tipo de centros, as escolas públicas lideran con maior diferencia que as de infantil. Un total de 92.084 alumnos acudirán a centros públicos este ano, fronte aos 35.921 dos centros concertados e os 2.769 dos privados.

Por provincias, A Coruña é líder en alumnado matriculado en centros públicos e privados, con 40.051 e 1.354 mozos respectivamente. A lista de alumnos en centros concertados está encabezada pola provincia de Pontevedra, cun total de 14.325 alumnos.

EDUCACIÓN ESPECIAL

O número de alumnos matriculados en Educación Especial en Galicia é o único que crece do tres niveles que inician curso o día 9. Exactamente, 1.152 matriculados empezarán as clases este xoves, seis máis que o curso anterior e 41 máis que hai dous anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra encabezan a lista de matriculados tanto en centros públicos con en privados con concerto, seguidas de lonxe por Ourense e Pontevedra.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Este xoves tamén empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería de Educación. Este ano, a falta de que se pechen as últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de78.713, das que 16.658 serían xestionadas por ANPAS ou concellos.

Aula de infantil.. Ricardo Rubio - Europa Press
Aula de infantil.. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta