Actitudes supremacistas

Afirman varios empresarios hostaleiros galegos que, neste verán de 2021, multiplicáronse exponencialmente as queixas de seareiros por teren a carta ou ementa na nosa lingua. Seica non se adoita facer conflito no local, mais si adoitan relatar a experiencia cando chegan á fin da súa viaxe.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 12/09/2021

Comparte esta noticia

Coincidiu neste verán, tamén, unha enxurrada de demostracións de bandeiras españolas en vivendas e apartamentos alugadas por familias de Madrid e da Meseta castelá, como se foran pioneiros ao xeito de Hernán Cortés, Francisco Pizarro ou Núñez de Balboa canda indíxenas que tiveramos ser reducidos ás ideas e costumes da Vila e Corte. Mentres, este verán milleiros de peregrinos (seguen a ser minoría, cómpre dicilo, mais no xa tan reducida) de orixe madrileña-castelá amosaron faltas de respecto notábeis, como o de guindar as máscaras a rentes do santuario de Santo Andrés de Teixido ou ocupar as rúas compostelás amosando xeitos  paramilitares españois.  

Un home pasea no seu coche polo centro de Barcelona mostrando unha bandeira española como rexeitamento ao referendo de independencia en Cataluña
Un home pasea no seu coche polo centro de Barcelona mostrando unha bandeira española como rexeitamento ao referendo de independencia en Cataluña | Fonte: Miguel Núñez.

Velaí que o xornalista Xosé Manuel Pereiro, nun recente artigo en castelán  para un medio estatal, definise esta enxurrada supremacista (pailaroca si, ben sei,  mais tamén supremacista) como “imperialismo banal del veraneante”. Porque hoxendía estas actitudes supremacistas xa non son andrómenas de políticos ou opinadores madrileños, senón que teñen gañada a perspectiva de millóns no Estado que pensan que a lingua e cultura galegas son prescindíbeis, mesmo non han ter encaixe na España. Artur Màs declarara na Galicia no 2008 que case a metade das persoas enquisadas a respecto da pregunta da razón pola que  falaban catalán as persoas catalás respostaran “por amolar” Xa dende antes (e sen interrupción ningunha neste anos malia estar Feijoo no Goberno) antigos compañeiros meus da Universidade madrileña na que cursei o grao pensaban que falamos galego i) por amolar tamén, como dicía Màs, ii) para que “eles” nos entendan menos e iii) porque seica nolo impón alguén na Galicia… Poderán imaxinarse vostedes que estas persoas son xente estudada…Pensan que lles dei convencido do contrario ao longo destes anos? Cá!! Seguen a pensar o mesmo.

Arestora estes relatos están lexitimados por organizacións políticas como Vox e parte substancial do PP estatal, mais xurdiron hai ben de anos. Xurdiron no felipismo que impediu a comunicación entre as diversas culturas nacionais do Estado. E, sobre todo, xurdiron no aznarato españolista. En ambos os dous casos co impagábel contributo dos media madrileños dos 80 e 90 do século pasado.

A cidadanía galega non ten madrileñofobia. Mais algúns sectores estan a se fartar de tanto supremacismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.