A auga, outro ben público privatizado?... Así é o Anteproxecto de lei sobre o ciclo integral da auga

A Xunta de Galicia sacou a revisión pública un anteproxecto de lei que abriría a porta a un novo modelo de xestión da auga. Dito anteproxecto recolle a posibilidade de crear unha sociedade mercantil que incluiría en principio, todas as administracións públicas. A Deputación de Pontevedra declara que de saír para adiante, os prezos aumentarían case un 200%.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 19/09/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O pasado 22 de xullo o Consello da Xunta autorizou o inicio da tramitación do Anteproxecto de Lei para a creación da sociedade para a xestión do ciclo integral da auga S.A. Dito anteproxecto estivo a exposición pública até o 15 de setembro de 2021. Este ante anteproxecto presenta algunhas novidades como son a inclusión dos “usos urbanos” dentro do canon da auga, punto que agora mesmo non existe. A isto engádese gravar as perdas de auga dentro da rede de abastecemento ademais de crear unha nova categoría de uso da auga: usos urbanos, que até o de agora non existía. Desde os grupos da oposición de momento existe unha postura de “espera” ante os anuncios que poda facer a administración galega e se o anteproxecto inicia o seu percorrido parlamentario.

Unha muller carga con varios bidóns con auga, a 11 de setembro en Santiago de Compostela, A Coruña (Galicia).. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Unha muller carga con varios bidóns con auga, a 11 de setembro en Santiago de Compostela, A Coruña (Galicia).. Álvaro Ballesteros - Europa Press

LEI DE AUGAS E ANTEPROXECTO

O anteproxecto de lei que presentou a Xunta ofrece unha serie de cambios sobre a subministración de auga competencia do goberno autonómico. Actualmente as competencias da Xunta son aplicables ás augas interiores dentro do territorio galego, segundo o establecido no marco do Estatuto de Autonomía. Desta maneira o executivo galego pode ordenar administrativamente a xestión de auga superficial e subterránea entre outros puntos. As competencias tamén se reflicten na lei de Augas de Galicia de 3 de decembro de 2010.

Actualmente a entidade que rexe sobre as competencias da Xunta en materia de xestión de auga é Augas de Galicia. Esta empresa pública vinculada ao goberno galego, réxese polo decreto 23/2012. Basicamente, creouse para a xestión de recursos hídricos de competencia autonómica ademais do seu aproveitamento. Augas de Galicia tamén ten capacidade de control, vixilancia e proposición de sancións por incumprimentos de normativas.

A isto todo hai que engadirlle o canon da auga, un ributo con finalidade ecolóxica sobre o uso da auga que grava o consumo e a contaminación. O seu obxectivo é fomentar unha utilización máis eficiente. Este canon vén reflectido na factura que pagan os e as consumidoras. En Galicia está o decreto 136/2012, do 31 de maio, que o regula.

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

CRÍTICAS AO ANTEPROXECTO

As críticas comezaron a caer sobre o anteproxecto desde a Deputación de Pontevedra. Nun informe elaborado polo goberno provincial pontevedrés, presidido pola socialista Carmela Silva, o segundo parágrafo do mesmo sinala que se crean dous novos canon da auga que substitúen o canon de coeficiente de vertedura. A estes dous súmaselle outro novo canon de xestión de abastecementos e abre a posibilidade de gravar as perdas de auga en redes de abastecemento.

En relación co Canon por xestión de depuradoras e o Canon de xestión de rede de colectores, servizos son realizados por Augas de Galicia. As diferenzas co actual cálculo “atopámolas no seu feito impoñible, o servizo de depuración de augas residuais no primeiro caso e o servizo de explotación de colectores para a condución de augas residuais á depuradora no segundo”.

O cálculo dos diferentes canon faranse mediante un réxime de estimación directa en función do volume de auga utilizada. Non obstante, segundo as circunstancias, tamén se abre a posibilidade de facer cálculos mediante réxime de estimación obxectiva. Ademais engadiranse ao cálculo do canon novos usos como os “usos urbanos”, non existentes na actual lexislación. O informe da Deputación de Pontevedra estima que o aumento da factura da auga chegará ao 180% de aplicarse os cálculos do anteproxecto.

SOCIEDADE MERCANTIL

A intención da Xunta vén fixada no artigo 1 do anteproxecto de lei: “autorízase ao Consello da Xunta de Galicia para a creación da Sociedade   mercantil   pública   autonómica   para   a   xestión   do   ciclo   integral   da   auga   con   carácter   de Sociedade  anónima e coa referida denominación, a cal se adscribirá á Consellería con competencias en materia de augas”.

Esta nova sociedade, segundo o artigo 3 do anteproxecto de lei “rexerase   polo   ordenamento xurídico   privado,   salvo   nas   materias   que   lle   sexa   de aplicación a normativa orzamentaria, contable, de control financeiro e de contratación pública. En ningún caso lle poderán ser atribuídas facultades que impliquen o exercicio de potestades públicas”.

Estariamos diante da privatización do servizo de augas? O deputado socialista Pablo Arangüena sinala que o texto legal proposto “pode abrir a porta a privatizacións na medida en que tende a mercantilizar un ben tan básico como é a auga”. Outro punto é que a Xunta “busca” a implicación das administracións provinciais e locais. No caso dos concellos, Arangüena considera que a Xunta quere “trasladar costes de abastecemento e saneamento que debería asumir a Xunta a concellos e cidadanía”.

Pola súa parte, o BNG solicitará a retirada do anteproxecto de Lei e reclamará a apertura dun proceso de negociación coas forzas políticas e "coas distintas institucións, fundamentalmente os concellos e as deputacións que son as principais vítimas deste anteproxecto". Os nacionalistas galegos valoran que existe unha finalidade "fundamentalmente recadatoria e considera que  Xunta debe acometer unha planificación xeral do abastecemento e do saneamento, tal e como prevé a lexislación vixente".

O Anteproxecto de Lei para a Creación da Sociedade para a Xestión do Ciclo Integral da Auga S.A., acaba de abrir unha nova fronte política sobre un dos recursos máis valiosos dos que se dispón, a auga. En tal caso, de saír adiante a proposta da Xunta de Galicia para crear unha sociedade xestora integral da auga, será para algúns a primeira fase de privatización da auga que bebemos.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Victorego.

En el Vigo de Abel Caballero el servicio del agua sigue siendo en manos de la filial de una multinacional, mientras en Valladolid, el alcalde Óscar Puente remunicipalizó el servicio del agua por el bien de todos los vallisoletanos. En 2014 la OCU acusó al Concello de Vigo de incitar al despilfarro de agua y criticó la factura de suministro en la ciudad, por cobrar 180 metros cúbicos a los vigueses los consuman o no.

1 Gamela

En canto nos despistamos Privatizan a VIDA ! TODOS e TODAS !