A oposición pide a dimisión de Rocío Mosquera

PSdeG, BNG e CxG esixen que sexa cesada, mentres que AGE reclama unha comparecencia urxente pola decisión do TSXG de declarar anulado un concurso de ascenso do seu home no Sergas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/01/2014 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

PSdeG, BNG e CxG insistiron este venres en pedir a dimisión ou destitución da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, tras a recente sentenza que anulou o nomeamento en 2010, cando ela era xerente do Sergas, do seu home como xefe do servizo de cirurxía do CHUS.

Rocío Mosquera Álvarez, nun acto da Consellería de Sanidade
Rocío Mosquera Álvarez, nun acto da Consellería de Sanidade | Fonte: SERGAS Flickr

A portavoz de sanidade socialista, Carmen Acuña, demandou pediu que a dimisión teña lugar "de forma inmediata", dada a "contundencia" da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). "É inexplicable e intolerable que o presidente da Xunta queira xustificar este caso, aínda que lembrou que xa tentara xustificarse a si mesmo cando soubemos dos seus paseos en barco co narcotraficante Marcial Dorado polas rías galegas", suliñou nun comunicado.

BNG, CxG e AGE

Tamén a deputada do Bloque Montse Prado resaltou nun comunicado que se probou que houbo "abuso de poder", polo que a conselleira debe dimitir e, en caso contrario, o presidente ordenar a súa destitución, "ante unha sentenza contundente que non admite apelación".

No mesmo sentido se pronunciou o Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas. "Agora toca esixir responsabilidades políticas, e non pode pasar por outra cousa que non sexa a dimisión de Mosquera”, suliñou noutro comunicado.

Pola súa banda,  Alternativa Galega de Esquerda solicitou o xoves a comparecencia urxente da conselleira de Sanidade e esíxelle a Rocío Mosquera que dea explicacións en sede parlamentaria logo de que o TSXG anulara o ascenso do seu home na cúpula do Hospital de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Uxio xio

Moi ben Compromiso por Galicia. Moi ben. O centro galeguista avanza.

1 R C

Grazas mamá, grazas por apoiarme en todo o que fago.Hoxe de centro, onte socialdemócratas, pasadomañá progresistas, todo para pillar

4 Mastro

Impasible o ademán. Contan (eles) que da o mesmo o que digan as sentenzas, a ética ven sendo algo persoal. E dentro de quince días non vai ter influenza no dirección do sufraxio dos seus electores. Que sigan así si así pensan que a falta de ética xustificase cun comentario do sheriff do goberno. Durmen moi tranquilos, a ética non lles quita o sono, ao contrario ainda lles da para un par de sorrisos antes de irse con Morfeo. Así son.

3 galegoexiliado

Pidan, pidan que canto mais pidan a sua dimisión mais aumenta o seu currículo e as suas posibilidades de acabar en un ministerio. Xa se sabe que canto mais inútil, corrupto, imputado ou che pidan a dimisión mais alto se chega no partido franquista e esta vai embalada.

2 Dr Bacteiro

Xa é indecente que unha persoa que pertencia ao Grupo Povisa, poida ser conselleira e negociar con Povisa un concerto de 75 millón de euros anuai durante 10 anos. Por iso xa non tería que ser Conselleira de Sanidade. Que pensa facer o amigo de Marcial Dorado

1 Mais electoralismo...

Caralho ajetes, non desperdiciades as oportunidades de facer lucirse ao Mesias nunha das suas operas bufas televisadas e chea de pantomimas e sobreactuacións, supoño que por iso preferides a sua comparecencia na que non vai soltar ren ao seu inmediato cesamento. Hai eleccións a vista?