A Deputación de Pontevedra activa unha plataforma de formación 'en liña' para autónomos e emprendedores

Está orientada aos usuarios do programa SmartPeme.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra puxo en marcha unha plataforma de formación 'en liña' dirixida a persoas autónomas, emprendedoras ou empresarias usuarias do programa SmartPeme, que lles permitirá acceder a contidos desta iniciativa as 24 horas do día e os 365 días do ano. sta plataforma, xa operativa, funciona co sistema libre Moodle e conta cunha selección de 'pílulas' formativas que serán periodicamente actualizadas e renovadas.

A plataforma de formación está organizada nas categorías de TIC, Imaxe, CPED (Centro Provincial de Economía Dixital), Impulsa (competitividade global dos negocios) e TurisTIC, que suman as carteiras de servizos do programa SmartPeme. Esta ferramenta púxose en marcha cunha selección de 50 'talleres' e ofrece vídeos explicativos, infografías, presentacións e outros contidos.

Os interesados en utilizala deben rexistrarse neste link, ou ben a través do formulario que se enviará coa 'newsletter' quincenal de SmartPeme. Unha vez recibidos os datos e realizada a inscrición, as persoas recibirán unha mensaxe confirmando que foron rexistradas no sistema cun nome de usuario/a e un contrasinal de acceso.

Isto permitiralles acceder ao contido da plataforma sen limitación de horarios, e poder ampliar coñecementos en materia dixital e de mellora da competitividade.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no centro.. RAFA ESTEVEZ
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no centro.. RAFA ESTEVEZ | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta