Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 14:17
A banda galega de folk Brath ofreceuse a actuar gratis para recadar fondos para os afectados pola erupción do volcán na canaria illa da Palma. Co seu decimotercer álbum debaixo do brazo, titulado 'Atlante' e no en que o veterano grupo fusiona "culturas musicais" do atlántico norte, o fundador da veterana banda luguesa, Eloy Caldeiro, confesa que pensa na organización dun festival para axudar aos afectados pola erupción.
Así o indica o músico, que asegura que, polo momento, son cinco as bandas que se ofreceron para actuar neste evento, que será ofrecido a distintos concellos. Neste sentido, lembrou que na década de 1980, Brath actuou en Bilbao para recadar fondos para os afectados por unhas inundacións rexistrados durante aquela época na cidade biscaíña.
42 ANOS DE HISTORIA
Nados hai 42 anos, Brath ultima o seu último traballo, o décimo terceiro. Será un disco libro que se atopa en fase de produción que verá a luz proximamente. "Fala de culturas musicais que hai no atlántico norte, comeza en Galicia, percorrerá a Bretaña, as Illas Británicas tanto o Reino Unido como Irlanda e chegará alén do Atlántico, dos bretóns que están en Canada e chegará ata o folk americano", sinalou Caldeiro.
O álbum estará composto por dez temas, tres de música tradicional, un en inglés, outro en irlandés, un en bretón e outros setes temas de composición propia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.