Por GC Tendencias | Boiro | 16/02/2014 | Actualizada ás 20:30
A Pousada das Ánimas de Boiro presenta a súa Gala de Entrega de Premios, que será presentada por Quico Cadaval, María Lado y Lucía Aldao. A música será de Amparo Sánchez, Amparanoia, os vigueses Cooltrain Band e os vilagarcianos The Corneliu. Tamén haberá expositores de artesáns locais do grupo Creaturas.
O evento terá lugar no Restaurante Miramar de Boiro, a entrada vale dez euros, trece en taquilla, que inclúe pinchos. Durante a velada entregarase os galardóns aos mellores artistas dos festivais organizados en 2013 pola Pousada das Ánimas. Hai dúas categorías, música e teatro, entre as que se repartirán 2.500 euros en premios.
Aqueles interesados en acudir teñen autobuses dende Boiro as 21:30 e as 23 horas e poden quedarse a durmir no Restaurante dende 30 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.