Chaman á folga este 28 de outubro para reclamar o fin da temporalidade no sector público galego

A CUT convoca unha manifestación que sairá ás 12:00 de Santiago de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O fin da temporalidade, a fraude e a precariedade no sector público galego son as reclamas polas que a Central Unitaria de Traballadoras vén de lanzar un chamamento a folga para este xoves 28 de outubro, secundando a convocatoria unitaria nos diferentes territorios do Estado. A central convoca ademais unha manifestación que sairá ás doce da mañá da Praza Roxa en Compostela.

Traballadores do sindicato CUT protestan ante o Parlamento de Galicia para pedir a aprobación dunha iniciativa lexislativa popular para reducir a temporalidade no sector público.
Traballadores do sindicato CUT protestan ante o Parlamento de Galicia para pedir a aprobación dunha iniciativa lexislativa popular para reducir a temporalidade no sector público. | Fonte: Arquivo

A convocatoria, indican dende a CUT, defende un marco negociador galego e unha lexislación propia para resolver "o drama da temporalidade e do trato discriminatorio do persoal temporal das administracións galegas". Ao tempo, a central insta á Xunta a levar estas reivindicacións ao Congreso español.

"As rúas non calarán mentres unha soa de nós permaneza precarizada", afirman dende a CUT. O sindicato censura que o Goberno galego rexeitara tramitar a ILP pola consolidación do emprego público en Galicia e piden a estabilidade dos empregados en abuso de temporalidade cunha lexislación que recolla a consolidación deste persoal e "dacordo co establecido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea na senteza do 19 de marzo de 2020".

Esta iniciativa conflúe na convocatoria xeral na administración de ámbito estatal convocada polos sindicatos Co.Bas, Confederación Intersindical y Solidaridad Obrera e está apoiada pola CUT, a Federación de Enseñanza da CGT, CGT Andalucía Ceuta e Melilla, INSTA-Intersindical, IAC-CATAC, Intersindical Valenciana, STEM, Somos Sindicalistas, SAS e CNT-AIT Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta