A 'nova normalidade' chega aos cemiterios

Sen límites de capacidade, aínda que con recomendacións sobre medidas sanitarias.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/10/2021 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A 'nova normalidade' chegou aos cemiterios con motivo das visitas que se farán coincidindo coa celebración do Día de Todos os Santos. Tamén chegou ás floristas, que xa levan días recollendo encargos. Así o manifestaron distintos concellos e desde o sector das flores.

Cemiterio de Mondoñedo
Cemiterio de Mondoñedo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

"Está previsto que todo volva á normalidade", apuntan desde o consistorio de Pontevedra que, como outros, cren que a xente irá de forma graduada, como ocorreu o ano pasado e como xa están a facer algunhas estes días.

Con dispositivos especiais de Policía Local e Protección Civil, como apuntan desde os consistorios da Coruña e Lugo e con reforzo das liñas de buses, desde o goberno municipal de Ferrol indican que se seguirán as últimas medidas fixadas pola Xunta. Á marxe desta cuestión, inciden en que o de Catabois é un cemiterio "amplo". "É difícil que se aglomere a xente", apostilan.

"Todo normal, capacidade completa e servizos especiais de buses", resumen desde Ourense sobre unha xornada na que os cemiterios abrirán de forma ininterrompida o día 1, como en xornadas previas. "A capacidade na súa totalidade e as visitas non terán límite de tempo", engaden desde Vigo.

Con todo, desde este concello, precisan que se manterán as recomendacións sobre o uso de xeles para a desinfección e de medidas de protección como a distancia interpersoal ou o uso de máscara.

Outros consistorios como o de Lugo aseguran que o persoal dos cemiterios traballan "para que non se produzan aglomeracións no interior". De feito, na capital lucense, aumentáronse os horarios durante toda a semana para evitar "masificacións" o 1 de novembro.

No caso de Santiago, apélase a uns visitas "graduadas", aínda que apuntan que iso "xa se está facendo", ao confirmar que a pasada fin de semana xa se notou o incremento de público. Coinciden, por outra banda, en que non hai limitacións de capacidade ao ser visitas ao aire libre e destacan a apertura, a diferenza do ano pasado, da capela de Boisaca, aínda que respectando a distancia de 1,5 metros.

SECTOR FLORISTA

Desde o sector das florarías, destacan a petición de pedidos. "Como en anos anteriores", resume Digna Peralba, da floraría 'A Camelia', de Vigo. Como outros establecementos consultados, afirma que a maior parte das peticións son para decoración dos recipientes que hai nas tumbas dos cemiterios, aínda que tamén de ramos de flores.

Na mesma liña, Esther Rozas, propietaria de 'Rose Flor', en Lugo, explica que constataron que se está "recuperando a normalidade". "O ano pasado foi bo ata que nos pecharon perimetralmente", asevera, en liña co que expón Tania Alonso, copropietaria da floraría 'Calo' da Coruña.

No seu caso, indica que os seus clientes empezaron a preguntar sobre encargos a finais de setembro, ben para decorar xardineiras ou para outros arranxos. Por outra banda, precisa que o ano pasado tamén tiveron pedidos, pero que lles supuxo perda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta