A Xunta pide apoio ás administracións locais e ás confederacións hidrográficas ao Plan de Saneamento

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, xunto co xerente da entidade hidráulica da Xunta, Gonzalo Mosqueira, presentou este mércores, nunha xornada en liña, as bases do traballo para impulsar esta ferramenta imprescindible para abordar a estratexia de cambio climático.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2021 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

A Xunta pediu este mércores a colaboración dos concellos, das deputacións provinciais e das confederacións hidrográficas na elaboración do novo Plan de Saneamento de Galicia.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, xunto co xerente da entidade hidráulica da Xunta, Gonzalo Mosqueira, presentou este mércores, nunha xornada en liña, as bases do traballo para impulsar esta ferramenta imprescindible para abordar a estratexia de cambio climático, tanto no ámbito da mitigación dos seus efectos, como no da adaptación e anticipación ante lasamenazas derivadas dun escenario de seca.

Tal e como indicou a directora de Augas de Galicia, con este encontro, márcase o inicio dos traballos de actualización do Plan de Saneamento vixente, de face á redacción do novo documento que recollerá as que serán as novas directrices de saneamento da Comunidade autónoma.

Na reunión, dirixida a conseguir a colaboración dos concellos e xestores dos sistemas na recompilación de información de face ao enriquecemento do plan, déronse a coñecer o catro fases das que se compón esta planificación. Fíxose especial fincapé na primeira fase, que terá como principal finalidade analizar e diagnosticar a situación actual do saneamento e a depuración en Galicia, así como elaborar unhas directrices nas que se establezan os criterios básicos para as actuacións dos actores competentes en materia de saneamento.

Para a elaboración desta primeira fase de análise e diagnóstico, así como para a elaboración das directrices de saneamento de Galicia, a Xunta destinará aos traballos de apoio técnico un investimento de máis de 1,7 millóns de euros.

Os traballos permitirán analizar a situación do saneamento e depuración mediante a elaboración dun sistema de indicadores. Tamén se recompilará a información e elaboraranse estudos de detalle sobre distintas temáticas específicas. Incluiranse, ademais, nos estudos, outros aspectos, como os principios xerais polos que se deben rexer os servizos de saneamento e depuración e as normas de organización para o seguimento e a revisión do plan.

A Xunta destacou que o novo propón un ambicioso programa de traballo, estruturado nas seguintes liñas: garantir o saneamento adecuado para todas as aglomeracións urbanas maiores de 1.000 habitantes; realizar unha xestión adecuada das augas pluviais na planificación do saneamento; e ordenar a configuración do saneamento en territorios dispersos como son os do medio rural galego.

De forma transversal, a este tres grandes liñas de traballo estratéxicas, incorpóranse outras dúas: a mellora da gobernación na prestación do servizo público de saneamento e depuración e o fomento da educación, divulgación e participación pública.

O desenvolvemento do conxunto dos traballos da Xunta realizarase ao longo de tres anos, diferenciándose esta primeira etapa de análise da situación actual, que culminará coa elaboración dunhas directrices metodolóxicas e técnicas; e unha segunda etapa, posterior, de elaboración e redacción do Plan galego de saneamento.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez,  responde en comisión parlamentaria. XOÁN CRESPO
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, responde en comisión parlamentaria. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta