Avanzando cara a construción dun novo cemiterio en Verín

Ademais de melloras nas instalacións do Cemiterio Municipal de Verín o concello vén de anunciar tamén que o plan especial para a execución do novo cemiterio xa dispón de todos os informes sectoriais e será aprobado provisionalmente de forma inmediata.

Por X.M. Fernández | Verín | 07/11/2021 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Coa finalidade de mellorar as instalacións do Cemiterio Municipal de Verín, e dando resposta ao crecente aumento de incineracións, o Concello decidiu crear un total de 450 columbarios. Cada un deles terá unha capacidade máxima de seis urnas.

Recreación dos columbarios que se queren construír. Foto: Prensa Concello de Verín.
Recreación dos columbarios que se queren construír. Foto: Prensa Concello de Verín.

Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, desde hai anos a capacidade dos cemiterios municipais resulta insuficiente para atender ás necesidades do concello. "O elevado  grao de saturación dos mesmos así como alto índice de  envellecemento poboacional fai necesario prever posibles alternativas coas que contar tanto no presente coma nun futuro cercano. E por isto que crearemos esta nova zona de columbarios e aprobaremos provisionalmente, de maneira inmediata, o Plan especial para a creación do novo cemiterio".

Nunha primeira actuación o Concello de Verín ten previsto construír un total de 75  columbarios, número que se irá ampliando --en base á demanda cidadá-- ata chegar aos 450. Cada columbario terá espazo para seis urnas e estarán ubicados no nexo das zonas nova e vella do cemiterio municipal.

Pola súa banda o tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, salientou que, "na actualidade, unha porcentaxe elevada das familias escollen a incineración como método para despedir ao seu ser querido. Coa implementación desta nova zona de columbarios damos resposta á demanda actual deste tipo de servizo funerario por parte da cidadanía".

Un columbario é unha edificación deseñada como un lugar de descanso final para albergar restos cremados. Os columbarios son estruturas permanentes con bancos de nichos de  cremación (similares aos  cubículos, pero con frontes seguras) que conteñen urnas de  cremación.

AVANCES CARA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO CEMITERIO

Doutra banda, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, anunciou tamén que o plan especial para a  execución  do  novo cemiterio xa dispón de todos os informes sectoriais e será aprobado provisional de forma inmediata. O obxecto deste plan é ou de crear unha área dotacional pública preto do centro urbano na que desenvolver o novo cemiterio municipal para satisfacer as necesidades da poboación.

O plan especial executarase, desde a súa aprobación definitiva, nunha única fase dun ano de duración. Na mesma levarase a cabo expropiacións pertinentes  dos terreos e executaranse o acondicionamento da parcela para a construción  do novo cemiterio municipal. O novo campo santo, estará situado entre as localidades da Salgueira e Vilamaior e terá unha superficie total de 47.992 metros cadrados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta