O PP ve "mal deseñado" o plan de autobuses de Pontevedra

Critican a distribución das paradas, que "non entran na cidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2021 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez, criticou "a mala planificación das paradas" das dúas liñas de transporte urbano que hai na cidade de Pontevedra . Nunha rolda de prensa celebrada este mércores, Rafa Domínguez valorou a posta en marcha deste servizo "é unha boa noticia" pero lamentou que "se trata dun bus circular que non entra na cidade".

"É algo positivo pero está mal elaborado" dixo Domínguez, sinalando ao Concello de Pontevedra como principal responsable deste deseño. Para o portavoz do PP local "non ten sentido" que este transporte público non teña paradas fronte aos centros de saúde Virxe Peregrina ou A Parda ou ao Hospital Provincial.

"Non é lóxico que non chegue ao Concello de Pontevedra e que non acceda ao centro da cidade", engadiu. Domínguez sinalou que estas críticas son compartidas polas asociacións de veciñais da cidade, polo que os populares propoñen unha "reorganización urxente das paradas" para facer este servizo máis atractivo e "útil", pois a percepción que teñen é que hai moi poucos usuarios do bus urbano.

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez.. PP DE PONTEVEDRA
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez.. PP DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta