O '9º Foro da Comunicación' convertirá a Ourense na capital da comunicación galega

Expourense e o Clúster da Comunicación de Galicia organizan o evento que terá lugar este venres 12 de novembro en Expourense. Farase en formato híbrido puidendo ser seguido de xeito presencial dende as instalacións do recinto feiral ou de xeito virtual desde calquera parte. Entre outros temas, analizaranse as últimas tendencias no sector da comunicación: marketing dixital, publicidade, deseño, fake news ou o marketing de contidos.

Por X.M. Fernández | Ourense | 11/11/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Como xa é habitual dende hai 6 anos, a celebración do Foro da Comunicación servirá de antesala para a gala de entrega dos Premios da Comunicación, o Marketing, a Publicidade, o Deseño, a Impresión e os Eventos de Galicia. Ambas as dúas actividades convertirán a Ourense na capital da comunicación galega. Estes eventos están xa consolidaos como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a estes sectores, xa que lles ofrece a oportunidade de compartir experiencias con grandes expertos do sector e con directivos de importantes empresas que marcan tendencia á hora de comunicar.

Presentación 9º Foro da Comunicación. Foto: Prensa Expourense.
Presentación 9º Foro da Comunicación. Foto: Prensa Expourense.

Para organizar o programa deste 9º Foro, Expourense e o Clúster da Comunicación de Galicia contan co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e co apoio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

A asistencia a esta xornada precisa de inscrición previa a través da web www.expourense.org

OBXECTIVO DO EVENTO

O 9º Foro da Comunicación de Galicia busca poñer en valor a calidade e a innovación do traballo das empresas galegas nestes sectores, incluíndo tamén experiencias punteiras de empresas de fóra da nosa comunidade. O programa de conferencias deste foro dividarase en varias mesas de debate onde recoñecidos expertos no sector abordarán temas de actualidade que foron seleccionados polo comité organizador deste evento e no que se atopan as principais asociacións profesionais do sector en Galicia e as Facultades de disciplinas vencelladas á comunicación ou publicidade.

PROGRAMA

O programa deste ano conta coa participación de 22 relatores que participarán, na súa maioría, de xeito presencial (3 farano de xeito online). Entre este relatores atópanse dous dos máis destacados creativos publicitarios na actualidade e que participan grazas á colaboración de Creatividade Galega (a asociación de axencias de publicidade de Galicia) e do seu presidente, Julián Abad, membro do comité organizador do Foro. O primeiro deles é o arxentino Fernando Vega Olmos, fundador da axencia Anita&Veg. Con 25 anos foi foi Director Creativo Executivo de Gowland, a axencia publicitaria máis importante da Arxentina e creador da axencia española LOLA. Foi ademais presidente do xurado do Festival Internacional de Cine de Cannes e xurado en catro ocasións. Fernando Vega Olmos será entrevistado por Chisco Saavedra, Socio Fundador de Wise e Secretario-Tesoureiro de Creatividade Galega.

O outro creativo de renome que participará farao na conferencia de clausura. Trátase do publicista catalán Oriol Villare que intervirá co seu relatorio de clausura titulado “O mellor momento é agora”. Da súa cabeza sairon eslogans publicitarios que forman parte xa do imaxinario colectivo español e que asociamos ás marcas para as que foron creados como “Como en casa en ningún sitio”, “Mediterráneamente”, “Doble o nada”, “Mucho gusto”, “La vida es chula”. Oriol Villar será entrevistado por Julián Abad, director creativo Executivo de Wise e presidente de Creatividade Galega.

TEMAS DESTACADOS

As fake news e os bulos difundidos a través das redes sociais, temas de plena actualidade, serán abordadas en dúas mesas diferentes. A primeira delas será a conferencia dun dos maiores expertos en España na análise da denomidada “posteverdade”, Xurxo Torres, CEO da Consultora de Torres y Carrera, que falará sobre “O relato da mentira e o algoritmo”. Estará presentado pola directora de comunicación Amalia Baltar.

As fake news abordaranse ademais nunha mesa redonda na que participará unha das colaboradoras de “maldita.es” (“periodismo para que no te la cuelen”), o medio de referencia en España sobre este tema, e Natalia Diez, colaboradora de “Maldita Migración”. Esta mesa, coordinada pola Asociación de Prensa da Coruña, contará tamén coa participación do profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, Alberto Dafonte, que abordará aspectos relativos á desinformación, tema sobre o que ten numerosas publicacións e traballos; e tamén acollerá á responsable de Comunicación de "Ecos do Sur" (proxecto contra o discurso de odio e a desinformación denominado "CibeRespect"), Natalia Monje.

Tamén están programadas unha mesa redonda sobre marketing dixital, centrada no 'marketing de contidos' e na que participan axencias punteiras neste sector, e outra baixo o tema de "Xornalismo e deseño" sobre deseño e o poder das infografías á hora de comunicar. Estará moderada polo infografista e deseñador, Álvaro Valiño, e contará coa participación como relatores de Artur galocha, infografista de The Washington Post ou de El País e de Manuela Mariño, deseñadora de La Voz de Galicia.

Pola súa parte, Executivas de Galicia organiza neste foro unha mesa redonda sobre “Comunicación e Igualdade” moderada pola xornalista Beatriz Garcia Cibreiro que contará coa participación de Rosa Vilas, directora adxunta de CRTVG; de Sofía Vázquez, redactora xefa de Organización e Opinión de La Voz de Galicia e de Lara Graña. Redactora xefa de Economía de Faro de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non existe un streaming público deste Foro ? Cantos máis medios tecnolóxicos temos, maior é a incomunicación