Por GCAgro | Santiago de Compostela | 11/03/2014 | Actualizada ás 10:00
Por Francisco Castro Cabaleiro, enxeñeiro técnico agrícola especializado en Hortofruticultura e Xardinería, enxeñeiro de Montes e profesor de Operacións de Produción Agraria.
Tratándose do mes de marzo toca apurar a poda das nosas maceiras, se aínda non o fixemos, cousa que non é extraña tal e como choveu este ano.
Para aqueles que son novatos neste campo velaquí unhas breves explicacións de cómo facelo xa que, lonxe do que parece, podar non é cortar por onde nos peta nin tampouco algo artístico, como algúns din. Pola contra, é unha tarefa na que hai que aplicar a lóxica e a técnica.
O que se pretende a nivel xeral é regular a vexetación e a fructificación, unha vez que teñamos a estructura da árbore feita.
A poda que facemos no inverno denominámola poda en seco ou poda no período de letargo, en contraposición ao que é a poda no resto do ano, que é poda en verde ou poda no período de actividade.
Partindo da idea de que xa temos as nosas árbores formadas, o que teremos que traballar sempre é sobre os crecementos do último ano, o que chamamos ramos. Sobre eles podemos facer catro cousas: deixalos como están, suprimilos completamente, facerlles unha poda curta ou facerlles unha poda longa.
Para iso teremos que entender os órganos de fructificación das froiterías de pebida, caso da maceira. Partimos dunha idea simple, que é que temos dous tipos de xemas:
Polo tanto:
Os órganos habituais que atopamos e sobre os que actuaremos aplicando a lóxica anterior son os seguintes:
A partir de aquí poderíamos entender a poda básica das maceiras, que non ten nada que ver coas froiteiras de oso ou co resto das especies subtropicais que temos no país. Tamén hai que dicir que non todas as variedades de maceiras son iguais: cada unha ten os seus hábitos de fructificación, sobre todo nas lamburdas e nas brindillas.
Lembro que no curso de poda que din en Arbo (Pontevedra) un alumno comentoume que case non tiña mazás a pesar de que podaba todos os anos. Pregunteille qué facía e díxome que cortaba todos os ramos polas puntas. É unha evidencia de que a veces traballar moito é o colmo do traballo, porque ao podar as puntas pódanse todas as xemas de flor, e polo tanto déixase a maceira sen flor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.