Os Premios Xerais 2021 xa teñen finalistas

A gala emitirase por 'streaming' este sábado, 11 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/12/2021 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

Os xurados dos Premios Xerais 2021 seleccionou xa os finalistas destes galardóns, que estarán dotados con 10.000 euros e entregaranse nunha gala por 'streaming' prevista para este sábado, 11 de decembro.

Premios Xerais
Premios Xerais | Fonte: Edicións Xerais de Galicia.

En concreto, as obras con títulos 'O negociador', 'Seres queridos' e 'Tritón' competirán na XXXVIII edición do Premio Xerais de Novela, ao que concorreron un total de 44 candidaturas.

En canto aos XIII Premios Jules Verne de Literatura Xuvenil, aos que se presentaron 14 obras, son finalistas aquelas presentadas baixo os lemas 'Cráter', 'Elefante', 'Irracionais' e 'Meirás'.

Finalmente, polo XXXVI Premio Merlín de Literatura Infantil, ao que concorreron 26 títulos, competirán 'Fóra a alma', 'O neno de lume' e 'Protectora de espíritos'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta