Lidia Senra será a candidata de Anova nas europeas

Obtén o 85% dos apoios nun proceso no que participou preto do 50% da militancia. O outro posto será ocupado por Carlos Lorenzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2014 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Lidia Senra, a candidata do sector oficial de Anova e cuxa candidatura xa lanzou Xosé Manuel Beiras hai un mes, será a candidata desta formación ás eleccións europeas do vindeiro maio.

Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas
Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas | Fonte: Galiciaanocero.tv

 

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego saíu elexida co 86% dos votos nun proceso no que participaron o 47% dos militantes, fronte ao 70% que o fixeron no anterior referendo para elexir o aliado de Anova nas europeas. 

 

Precisamente, esta menor participación débese á que parte do sector crítico de Anova non tomou parte neste proceso. De feito, a participación dalgunhas asembleas foi moi baixa con respecto á anterior votación. Segundo as fontes consultadas o motivo de que este sector se abstivera tivo que ver co que consideran un "dedazo" de Beiras.

Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS
Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS

 

Con todo, Lidia Senra recibiu 419 votos, "unha cifra superior á obtida pola opción 1 –ir en coalición coa esquerda federal- no referendo relativo ás alianzas", suliñou Anova nun comunicado.  "Con este resultado, unha líder campesiña podería chegar ao Europarlamento, pois Lidia irá no posto 5 da lista de coalición na circunscrición única, condiderado un posto de saída", engade.

Retirada de tres candidatos

E é que a retirada de tres candidatos, considerados do sector crítico, Luis Eyré Diéguez, David Balado rouco e Xosé Miguel B. Rodríguez, deixou orfa ao sector enfrontado aos oficiais. Renunciaron ao proceso aducindo "intentos de censura", "irregularidades na xestión das convocatorias internas" e, sobre todo, a posibilidade de diverxencias entre os seus simpatizantes por aspirar a un posto e un pacto co que non concordan. 

 

Coa retirada destes tres candidatos eran sete os que competiron nu proceso aberto a toda a militancia que se celebrou este domingo. Trátase de Ana María Vidal Vizoso, Eduardo García Santiago, Julio Villanueva, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Javier Rial.

 

Finalmente, será Carlos Lorenzo, de Ourense, o que acompañará a Lidia Senra na lista que Anova compartirá con Izquierda Unida. Sacou 91 votos. "Dende Anova-IN queremos resaltar a normalidade da xornada e a radicalidade democrática do proceso", conclúe esta organización nun comunicado.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

32 Gamela

Sería estupendo que chegara a sair eurodeputada...!

31 Lider social ou militante

Lidia Senra é unha líder dun movimento social,unha persoa forte e con criterio.é xusto o contrario do que lles gusta aos coroneis da UPG,xente tipo militante disciplinado ou afiliado obediente,xente que co carnet do partido vai facendo carreira,xente tipo Bieito Lobeira,Ana Pontón,etc.

30 Anova seita

Aquí podedes ver o ex-voceiro do sector ex-crítico de Anova, actual Responsábel NACIONAL da Coordinadora NACIONAL de Anova, practicando a nova cultura política horizontal, queimando un exemplar do xornal en galego SERMOS GALIZA http://www.cousasdeimeneo.net/

1 Anova Seita

É de supoñer que a este ideólogo de Anova, Rafa do Pico, non lle importará que se non nos gusta o libro do que é coautor: ENTREMENTR3S, organicemos unha cacharela cos exemplares. http://4.bp.blogspot.com/-ZUDZNYIJG...

2 eueu

Será porque tamén el está queimado porque ese xornal se financiou fraudulentamente cos cartos de todos os militantes da CIG sen que nos consultasen nada? A ti que che pareceria que o teu banco collese dinheiro da tua conta para DARLLO ao Abc ou a ElSubmundo? Pois iso!

3 eueu

Para seita os que votan leis do PP no Parlamento. PPenoso. Bng=RIP

29 Roja de 100.000 euros

Trinque, trinque e trinque

28 Simplício

Por certo, non haberá xa unha escisión entre Lídia Senra e Martiño Noriega por culpa das vacinas ? Estará o doutor Noriega en contra de vacinar os nenos ? Dígoo porque como xa vacinaron o can de Palleiro detrás do arMario. E non sei se a Lídia aprobará estes métodos do "Lado Escuro" de Papá Darth Veiras. Estou cunhas ganas de ver o próximo capítulo da serie "Unidos por anovar España".

1 Comunista

E quen vacinará os can rabiosos do BnUpG de da Poli-CIG?

2 eueu

O Zarzuelas vacinará o todos cando decida sair do armario vestida de faralaes

3 Xistral

Xa están vacinados por iso son duros como pedernais e vós vades desaparecer subsumidos en IU e eles perdurarán para fortuna deste país. Eu non son moi novo pero tampouco moi vello pero é o suficiente para ver que ese señor de pelo e barba brancos a onde foi sempre afundiu o barco e sempre traizoou a súa tripulación. Por que ía ser diferente agora?