Lidia Senra será a candidata de Anova nas europeas

Obtén o 85% dos apoios nun proceso no que participou preto do 50% da militancia. O outro posto será ocupado por Carlos Lorenzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2014 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Lidia Senra, a candidata do sector oficial de Anova e cuxa candidatura xa lanzou Xosé Manuel Beiras hai un mes, será a candidata desta formación ás eleccións europeas do vindeiro maio.

Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas
Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas | Fonte: Galiciaanocero.tv

 

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego saíu elexida co 86% dos votos nun proceso no que participaron o 47% dos militantes, fronte ao 70% que o fixeron no anterior referendo para elexir o aliado de Anova nas europeas. 

 

Precisamente, esta menor participación débese á que parte do sector crítico de Anova non tomou parte neste proceso. De feito, a participación dalgunhas asembleas foi moi baixa con respecto á anterior votación. Segundo as fontes consultadas o motivo de que este sector se abstivera tivo que ver co que consideran un "dedazo" de Beiras.

Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS
Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS

 

Con todo, Lidia Senra recibiu 419 votos, "unha cifra superior á obtida pola opción 1 –ir en coalición coa esquerda federal- no referendo relativo ás alianzas", suliñou Anova nun comunicado.  "Con este resultado, unha líder campesiña podería chegar ao Europarlamento, pois Lidia irá no posto 5 da lista de coalición na circunscrición única, condiderado un posto de saída", engade.

Retirada de tres candidatos

E é que a retirada de tres candidatos, considerados do sector crítico, Luis Eyré Diéguez, David Balado rouco e Xosé Miguel B. Rodríguez, deixou orfa ao sector enfrontado aos oficiais. Renunciaron ao proceso aducindo "intentos de censura", "irregularidades na xestión das convocatorias internas" e, sobre todo, a posibilidade de diverxencias entre os seus simpatizantes por aspirar a un posto e un pacto co que non concordan. 

 

Coa retirada destes tres candidatos eran sete os que competiron nu proceso aberto a toda a militancia que se celebrou este domingo. Trátase de Ana María Vidal Vizoso, Eduardo García Santiago, Julio Villanueva, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Javier Rial.

 

Finalmente, será Carlos Lorenzo, de Ourense, o que acompañará a Lidia Senra na lista que Anova compartirá con Izquierda Unida. Sacou 91 votos. "Dende Anova-IN queremos resaltar a normalidade da xornada e a radicalidade democrática do proceso", conclúe esta organización nun comunicado.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

7 As vacinas salvan vidas

Xa lle explicaron que soio vai poder cobrar 1.000 euros e que terá que destinar o resto a " proxectos" como fan os demais de ANOVA Seguro que non os destina a nada de vacunacións!!! jajajajaja Estades despedidos!

6 Chindasvinto

Votaron por Lidia o 85% do 47%, é dicir votaron por Lidia o 38,75 % dos militantes de ANOVA. E sen gañar en ANOVA pretende gañar na sociedade.

5 Nabor

Como pode ser válida unha votación con maior abstención que votos? Esta é a democracia do século XXI? Nin borracho vamos, nin horizontalidade, nin mamonadas dar por válida unha votación cunha abstención maior o 50% non é democratico.

1 ha,ha

E dos 10.000 militantes que din os da UPBNJ só participaron 1.500 para elexir a opción Bildu: "Arredor de 1.500 afiliad@s tomaron parte no contraste das distintas opcións que o Bloque tiña...". Do sermóns Paliza.

2 Nabor

Non me interesan nin o bloque nin a upg. Non milito ahí.

4 alcaudon

osexa que non a votaron nin eles mesmos coa abstención o cincoenta por cento, e queren que traguemos os galegos... esta señora seguro que polas noites vai montada nunha basoira, -V-i_e-ir-a-s, estas arruinando o pobo galego, estas traizoando, estas vendendo, canta pasta recibes dos madriles! bloque e cxg son os unicos partidos nacionalistas que merecen tal nome

3 puisfe

O 53% da militancia non votou a Lidia Senra, isto agrava cada día a crise de Anova.