O alcalde de Ribeira de Piquín, positivo en covid-19

Roberto Fernández Rico atópase confinado no seu domicilio con síntomas moi leves.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 13/12/2021 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O alcalde de Ribeira de Piquín e deputado de Recursos Sustentables da Deputación de Lugo, Roberto Fernández Rico, deu positivo por coronavirus este luns. Fora vacinado coas dúas doses e atópase confinado no seu domicilio con síntomas moi leves.

Roberto Fernández Rico, alcalde de Ribeira de Piquín e deputado da Deputación de Lugo, o día en que tomou posesión do cargo provincial
Roberto Fernández Rico, alcalde de Ribeira de Piquín e deputado da Deputación de Lugo, o día en que tomou posesión do cargo provincial | Fonte: Deputación de Lugo.

Fontes do ente provincial confirmaron que nos últimos días non asistira presencialmente ao Pazo de San Marcos, polo que non hai ningunha outra persoa afectada. No caso do Concello, comunicáronse os posibles contactos estreitos.

Así pois, o rexedor comunicou os posibles contactos estreitos ás autoridades sanitarias para que determinen as medidas a tomar.

As mesmas fontes explicaron que o deputado se atopa "ben e con síntomas moi leves" e que "seguirá traballando a distancia durante os días de confinamento" que lle indiquen as autoridades sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta