Actuacións para preservar o río Támega

O Concello de Verín vén de rematar as accións de limpeza do tramo urbano do leito do río ao seu paso pola vila, concretamente nas zonas situadas entre a ponte de Verín e Pazos.

Por X.M. Fernández | Verín | 21/12/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os traballos realizados no río Támega tiveron por obxecto levar a cabo as medidas de protección necesarias para a súa conservación e mantemento, coa finalidade de previr futuros problemas de cheas invernais e consolidar un caudal mínimo continuo ao longo do tramo urbano, ao se paso por Verín.

Un tramo do río Támega. Foto: Prensa Concello de Verín
Un tramo do río Támega. Foto: Prensa Concello de Verín

Fixéronse limpezas e rozas selectivas, utilizando tratamentos silvícolas (que favorecen o crecemento das especies que forman o bosque de ribeira) de ambas as marxes do tramo urbano que engloba desde a  represa da zona do Olivar ata a Ponte de Melo, así como na retirada selectiva de sedimentos nas zonas necesarias.

Esta actuación executouse tras recibir a pertinente autorización por parte da Confederación Hidrográfica do Douro, organismo que non puxo ningún tipo de reparo. En palabras do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, trátase dunha "actuación preventiva máis das que vimos realizando desde o Concello de Verín, previa autorización de Confederación Hidrográfica do Douro, en zonas onde a acumulación de grava, broza e sucidade converten certas zonas do  leito do río Támega en puntos de perigo de inundación."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta