Ollo coas estufas: evacuados dous adultos e unha menor por intoxicación de mónoxido de carbono

Foron trasladados ao Hospital Comarcal de Valdeorras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Dúas persoas adultas, un home e unha muller, e unha nena menor de idade foron evacuados ao Hospital Comarcal de Valdeorras con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono procedente dunha estufa que tiñan na súa vivenda.

Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e do 061, os feitos ocorreron na madrugada deste xoves, nunha vivenda de rúa Costa, na parroquia de Sobradelo, do municipio de Carballeda de Valdeorras.

Sobre as 5,00 horas, o 112 recibiu un aviso por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, acerca da presenza de tres persoas intoxicadas, posiblemente pola deficiente combustión da estufa que tiñan en casa. Os ocupantes da vivenda, un home, C.F.P., e unha muller, R.M.C.V., ambos de 36 anos de idade, e unha menor, foron evacuados ao Hospital Comarcal de Valdeorras.

Hospital Comarcal de Valdeorras.
Hospital Comarcal de Valdeorras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta