Por amarante (http://www.amarantesetem.org) | GC ABERTO | 09/04/2014
As actividades enmarcadas nesta xornada desenvolveranse ao longo da fin de semana do 12 e 13 de abril, na eco-aldea de Arqueixal (Palas de Rei), onde tanto as persoas participantes da formación como aquelas outras interesadas na temática, poderán participar das palestras programadas para o sábado e o domingo.
A xornada comeza na mañá do sábado 12 de abril cunha reflexión participativa en torno ao Decrecemento no contexto social e medioambiental galego, dinamizada por Verdegaia e Amarante Setem.
Durante a tarde do sábado contarase co Sindicato Labrego Galego e persoas de Amarante Setem vinculadas á plataforma MOV3, para coñecer e reflexionar sobre as posibles alternativas locais de produción e consumo no eido da alimentación e do textil.
E para rematar a xornada, na tarde do domingo 13 contarase con Xosé Luis, de Arqueixal para presentar este proxecto de ecoagroturismo que leva xa tempo dando vida á Comarca da Ulloa.
Programación: Resistencias II: Decrecemento e alternativas de consumo.
Sábado 12 de Abril. Arqueixal
12.00 – 14.00 Decrecemento no contexto galego. Verdegaia – Amarante Setem.
Xantar colectivo
16.30 – 18.00 Alternativas no eido da alimentación. Sindicato Labrego Galego (SLG).
18.00 – 18.30 Descanso
18.30 – 20.00 Alternativas no eido textil. MOV3. Amarante Setem
20.00 - 20.30 Peche e agradecementos.
Domingo 13 de Abril. Arqueixal
16.30 – 18.30 ConstruíndoBio. Xosé Luis (Arqueixal).
O 12 e 13 de abril tedes unha cita en Arqueixal (Palas de Rei) para falar de decremento e alternativas ao modelo de produción e consumo actual.
Esta actividade está aberta a todas as persoas interesadas.
Para máis información e inscricións:
educacion@amarantesetem.org
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.