Albert Pla regresa a Galicia cun espectáculo polifacético en Ferrol

MIEDO 2.0 combina música e proxeccións nunha obra prevista para o vindeiro 28 de xaneiro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Albert Pla regresa aos escenarios galegos co seu espectáculo MIEDO 2.0. O proxecto, concibido como resposta á incerteza da pandemia, chegará ao Teatro Jofre de Ferrol este 28 de xaneiro ás 20.30 h cunha posta escea que combina música e video mapping --proxeccións-- para reflectir a súa revisión e adaptación deste "sentimento de angustia que nos paraliza".

Albert Pla presenta novo espectáculo en Ferrol
Albert Pla presenta novo espectáculo en Ferrol

O espectáculo combina voz e música acompañadas dun sorprendente vídeo mapping do estudio nueveojos, ferramentas que o polifacético artista catalán empregará para indagar mas implicacións destes tempos pandémicos, inimaxinables até non hai moito. O deseño da arte vén do colectivo arxentino Mondongo, de recoñecido prestixio internacional, as composicións musicais correron a cargo de Raül Refree, músico, compositor e un dos produtores musicais máis talentosos de España. Pepe Miravete é o responsable da dirección teatral desta coprodución do Complejo Teatral de Bos Aires, cidade na que se estrou esta peza única que agora chega a Ferrol. As entradas véndense a partir dos 18€ na web de ATaquilla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta