(Vídeo) Denuncian continuos verquidos da balsa mineira de Bama en Touro ás augas de dominio público

Ecoloxistas en Acción denuncia os feitos ante Augas de Galicia e insta á administración competente a adoptar "sin más demoras" as medidas necesarias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/01/2022 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Novos e continuos verquidos de lixiviados procedentes da balsa mineira de Bama situada nos terreos da mina de Touro, pertencentes ao grupo Explotaciones Gallegas, se están a producir ás augas do dominio público hidráulico. Iso vén de trasladar Ecoloxistas en Acción, que denunciou os feitos ante Augas de Galicia e o Seprona.

Escorrentía de augas procedentes da balsa de decantación en Bama, todo vai parar ao río Burgo
Escorrentía de augas procedentes da balsa de decantación en Bama, todo vai parar ao río Burgo | Fonte: GC

A organización ecoloxista sinala que as chuvias desbordan unha vez máis as balsas mineiras na contorna do denominado Humidal de Bama, espallando os residuos e lixiviados polos camiños e regatos da zona. Así, as escorrentías de augas de "cor escura, fétidas e con abundante espuma" estarían contaminando o río do Burgo, afluente do río Brandelos e este último, do río Ulla.

Ecoloxistas en Acción ten alertado de que, neses terreos, a empresa propietaria deposita diariamente toneladas de residuos que denomina “tecnosoles” nos ocos mineiros e nas ladeiras entre as que se atopa o coñecido Humidal de Bama e as suas cortas. O amoreamento de residuos que se chaman “tecnosoles” e o recrecido das balsas mineiras sen control, apuntan, son os causantes dos continuos verquidos de lixiviados ao dominio público hidraúlico.

A organización ecoloxista lembra que non é a primeira vez que isto sucede, nin a primeira vez que se denuncia, polo que agarda que a administración competente adopte "sin más demoras" as medidas necesarias para impedir que prosigan estes vertidos e a contaminación das augas da zona afectada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta