Feijóo, José Blanco e Ana Pastor participarán nun foro en Ourense sobre a "histórica" chegada do AVE

'Un camiño a Galicia: desafíos e oportunidades' terá lugar este venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A cidade de Ourense será o escenario este venres dun foro que abordará a chegada do AVE a Galicia, en servizo desde o pasado 21 de decembro de 2021.

O encontro, bautizado 'Un camiño a Galicia: desafíos e oportunidades' e que terá lugar en Expourense, será clausurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e contará coa participación dos exministros de Fomento José Blanco e Ana Pastor.

A apertura do foro correrá a cargo da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que dará inicio a unha serie de mesas polas que pasarán o presidente da patronal galega, Juan Manuel Vieites, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ou o presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal.

Segundo explica a Xunta nun comunicado emitido este martes, o obxectivo é abordar o "fito histórico" da chegada da conexión por alta velocidade entre Galicia e Madrid, o que "redobrará as oportunidades para o sector turístico".

O catedrático de Ferrocarrís da Universidade da Coruña, Miguel Rodríguez Bugarín, e o presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, completan a relación de participantes no foro.

Unha azafata nas portas do tren que vai efectuar unha viaxe polo novo tramo de alta velocidade Pedralba de la Pradería-Ourense, na estación de Madrid-Chamartín na primeira viaxe de probas do AVE a Galicia / EP / Europa Press
Unha azafata nas portas do tren que vai efectuar unha viaxe polo novo tramo de alta velocidade Pedralba de la Pradería-Ourense, na estación de Madrid-Chamartín na primeira viaxe de probas do AVE a Galicia / EP / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta