As IXPs Ternera Gallega e Vaca Galega/Boi Galego en FITUR

As dúas denominacións xeográficas cudirán á Feira Internacional de Turismo con dous showcookings nos que poñerán en valor e vincularán a versatilidade das carnes galegas coa calidade da gastronomía e o turismo arredor do Camiño de Santiago.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 19/01/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O 19 de xaneiro, turismo, gandaría e gastronomía daranse a man na caseta de Turismo de Galicia coas IXPs Ternera Gallega e Vaca Galega/Boi Galego. Ámbalas denominacións xeográficas protexidas acudirán á Feira Internacional de Turismo (FITUR) con dous showcookings nos que vincularán a versatilidade das carnes amparadas e a calidade da gastronomía galega, tanto a tradicional como a máis vangardista, co turismo ao redor do Camiño de Santiago.

Javier Rodríguez Ponte “Taky” e Héctor López . Foto: Prensa Vaca Galega
Javier Rodríguez Ponte “Taky” e Héctor López . Foto: Prensa Vaca Galega | Fonte: Boi Galego

O chef Javier Rodríguez Ponte “Taky” (Catering Boketé, A Coruña) será o encargado de dirixir o obradoiro de Ternera Gallega a partir das 13:30 horas, dándolle o relevo ás 18:00 horas o cociñeiro Héctor López (Restaurante España, Lugo), que impartirá o showcooking centrado nas carnes de Vaca Galega / Boi Galego.

Ámbalas IXPs achegarán a súa actividade a FITUR como cita imprescindible da cadea de valor da industria turística internacional, para reforzar así os seus lazos co sector do turismo, ademais de promocionar a calidade das carnes certificadas e o seu sistema de produción tradicional e sustentable, clave para o rural galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta