Temas: FRASEOLOXíA

“¡Arre # Manda carallo!”, equivalentes, entre outras, á castelá “¡manda cojones!”, e “¡manda truco # mecha # forza!”, a “¡manda leche!”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 06/02/2022 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Transitando un pouco polo carreiro iniciado na entrega anterior, e facendo en fincapé que as secuencias interxectivas que vimos nela poden en non poucos contextos –sobre todo naqueles asociados a ámbitos de uso coloquiais e familiares e a niveis de linguaxe populares– cadrar en espazos de uso coas que se recollen no presente artigo, imos desta volta darlles unha ollada a expresións interxectivas que, grosso modo, veñen a equivaler á castelá ¡manda cojones!

A Viñeta de Lopez - Insultos_congreso
A Viñeta de Lopez - Insultos_congreso

¡Manda cojones!

{= (Normalmente asociada a ámbitos de uso familiares e coloquiais e a un nivel de linguaxe popular) Expresión interxectiva con que se manifesta asombro, sorpresa, enfado, estrañeza ou desgusto, ou mesmo admiración.}

¡Manda (moito) carallo!

¡Arre carallo!

¡Manda (moito) carallo na Habana!

¡Manda (moitos) collóns!

[E MAIS]:

¡Manda bólas!

Ex.: ¡Manda cojones con el tema! ¡¿Pero qué pasa: que los estados no pueden hacer frente al negocio de las eléctricas, que cada vez nos esquilman más?!

¡Manda carallo Arre carallo Manda (moito) carallo na Habana Manda (moitos) collóns Manda bólas co tema! ¡¿Pero que é o que pasa: que os estados non son quen de lle facer cara ó negocio das eléctricas, que cada vez nos escamiñan máis?!

● Tamén, probablemente asociadas a rexistros menos vulgares:

¡Manda leche!

¡Manda truco (na Habana)! && ¡Manda mecha (na Habana)! && ¡Manda forza! && ¡Manda (moito) chover! && ¡Manda chover na Habana! && ¡Manda nabo! && ¡Manda nabizo! && ¡Manda (moita) castaña! && ¡Manda pistón! && ¡Manda verzas!

● E inda tamén, en función dos contextos:

¡Tíralle do aire # do nabo # do nabizo! && ¡Róncalle o nabo # o nabizo! && ¡Túrralle polo vento! && ¡Tócalle o nabo # o nabizo! && ¡Tócalle o sacho! && [E MAIS, ASOCIADAS A UN REXISTRO MÁIS POPULAR OU VULGAR]: ¡Arrandéalle # Róncalle o carallo! && ¡Puntéalle o carallo! && ¡Chámpalle na cona!

Ex.: ¡Tíralle do aire Tíralle do nabo Róncalle o nabo Tócalle o sacho Arrandéalle o carallo Róncalle o carallo Chámpalle na cona ó tema! ¡¿Pero que é o que pasa: que os estados non son quen de lle facer cara ó negocio das eléctricas, que cada vez nos escamiñan máis?!

NOTAS:

1. Como veremos no seu ó abordar outras cadeas interxectivas do castelán (por exemplo, ¡tócate los cojones! ou ¡ahí es nada!), varias das secuencias que aquí se reflicten tamén son susceptibles de se utilizar nos contextos destoutras que acabamos de mencionar.

2. Coa intención de que a expresión resulte menos forte, ou de que teña menor carga de vulgaridade, tamén temos rexistrado a secuencia ¡manda collofes! no canto de ¡manda collóns!

3. Lembremos que as parénteses dentro dunha secuencia expresiva dan a entender que a voz ou voces que se atopan dentro delas son susceptibles de aparecer ou non na dita secuencia. Así, se reflectimos unha expresión como ¡Manda (moito) carallo!, o que estamos dar a entender é que está rexistrada tanto a secuencia ¡Manda carallo! coma a secuencia ¡Manda moito carallo!

4. Polo que atangue á secuencia expresiva ¡túrralle polo vento!, cómpre facer constar que o emprego de turrar (véxase a acepción 1 do DRAG) vén a ser sinónimo de tirar.

5. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Castro Otero, Salvador et alii: “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 127-150. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, nos enderezos seguintes:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “108 fórmulas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 9, 2007, páxs. 235-246. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Penín Rodríguez, Dorinda: “Frases feitas de San Lourenzo de Abelendo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, páxs. 255-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Requeixo Cuba, Armando: “Sobre fraseoloxía galega: algunhas mostras da área mindoniense”. Cadernos de Lingua, 9, 1994, páxs. 89-110. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta