o que apunta Cítrico de "política de terra queimada" de Néstor é así, Un, tes que recoñecelo. Na primeira asemblea do Paz Nogueira (a finais de febreiro, creo que foi) deu como gañadora á lista de Portas. Na segunda asemblea, sen tanto balbordo, gañou Néstor.Des hai tres lexislaturas que o BNG aparta sistemáticamente á persoas de fóra do aparato (Encarna, Portas)e coloca a outras que, supoño, son máis afimns. Sei que existen bastantes militantes en desacordo con portas e Encarna, e as acusacións soen ir cara o personalismo, pero...non se gañan así os votantes nas munipas? non son precisos políticos cos que a veciñanza se sinta en sintonía. Pois eu sigo nas mesmas: Portas non sería ben visto dentro do partido, pero é unha persoas IMPORTANTE na vida compostelá. A súa concellería foi das máis valoradas, o mesmo que lle aconteceu a Encarna. O que non vale é argumentar que non se adaptan ao proxecto nacional para chimpalas...cal é ese proxecto?...u-lo? Votei BNG a pesares que os catro primeiros nomes da lista, sinceramente, non me gustaban nin un chío. A pesares de que a militancia da U amosou moitas veces traballo e disciplina suficientes como para optar á liderar á frente,. penso que lle perden as maneiras de políticos profesionais e controladores do aparato. Unhas eleccións nunha cidade como Santiago, que amosa un apoio considerable ao nacionalismo non se poden deixar á coxuntura das loitas internas. Nada máis.