Case 100 hectáreas ardidas xa en pleno xaneiro

Extinguidos os dous incendios de Baltar que afectaron a 45 hectáreas afectadas e que se suman aos de Entrimo e Calvos de Randín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural dá por extinguidos os dous incendios rexistrados nas últimas horas no municipio ourensán de Baltar, que afectaron as parroquias de Abades e Vilamaior de Boullosa, onde arderon un total de 45 hectáreas.

Segundo informaron fontes do departamento autonómico, sobre as 21,40 horas quedou extinguido o incendio en Vilamaior, que afectou a 30 hectáreas de monte raso e outras 10 de monte arboledo. Tratouse dun lume que procedía de Portugal e para cuxa extinción se mobilizaron 5 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e un helicóptero.

Por outra banda, na madrugada deste luns quedou tamén extinguido o incendio na parroquia de Abades, tamén en Baltar e tamén procedente de Portugal. Segundo as últimas medicións de Medio Rural este lume afectou a 5 hectáreas de monte arboledo. Para sufocar as chamas mobilizáronse 5 axentes, 3 brigadas, 3 motobombas e un helicóptero.

Nas últimas horas tamén foron extinguidos varios incendios que afectaron o Parque Natural Baixa Limia-Xurés, na provincia de Ourense. Os lumes afectaron a unhas 50 hectáreas nos municipios de Entrimo e Calvos de Randín, e as chamas tamén procedían de incendios declarados en Portugal.

Zonas queimadas nun incendio
Zonas queimadas nun incendio | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta