A Xunta convoca o concurso-oposición para prazas de inspectores de educación e profesores

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación no DOG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación, Universidade publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se convocan os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de ensino secundario de artes plásticas e deseño.

Tamén de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres, así como o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 10 prazas no corpo de inspectores de educación, 1.469 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 45 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, 10 no corpo de profesores de artes plásticas e deseño e 950 prazas no corpo de mestres.

As probas selectivas que se convocan para os corpos de inspectores de educación, profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de artes plásticas e deseño terán lugar nas localidades que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

As probas selectivas que se convocan para o corpo de mestres terán lugar na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, sen prexuízo de que non se realicen probas dalgunha especialidade nalgunha das localidades citadas, en función do número de persoas solicitantes. Na resolución pola cal se nomeen os tribunais sinalarase a localidade ou localidades en que se deberán realizar as probas.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Preto de 3.000 aspirantes participaron este sábado nas oposicións para o Corpo Administrativo C1 da Xunta. XUNTA
Preto de 3.000 aspirantes participaron este sábado nas oposicións para o Corpo Administrativo C1 da Xunta. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta