Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 60 persoas por 45 accidentes de tráfico durante a fin de semana

O 66% das persoas atendidas foron homes.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/02/2022 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 60 persoas, implicadas en 45 accidentes de tráfico rexistrados este fin de semana (entre as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo).

Segundo os datos trasladados polo 061, recibiu neste período de tempo 58 chamadas relacionadas con eses sinistros, que xeraron un total de 45 asistencias para atender a 60 persoas, das que un 66 % foron homes e un 34 % mulleres.

A Coruña foi a provincia que rexistrou máis sinistros, un total de 22, seguida por Pontevedra, con 16 accidentes; Lugo con 4 accidentes; e Ourense, co 3 sinistros.

As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado interviñeron en 10 accidentes, mentres que se mobilizaron ambulancias de soporte vital básico en 41 sinistros. A asistencia completouse con equipos sanitarios de Atención Primaria en catro casos.

En 47 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios, noutras 11 ocasións foron atendidos no lugar do accidente, mentres que outras dúas persoas faleceron no punto.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta