Está a orixe dos vascos no Códice Calixtino?

O profesor e investigador, José María Anguita Jaén, así o conclúe no artigo que vén de publicar no Anuario de Estudos Medievais, unha publicación do CSIC que está considerada como a de maior impacto nesta etapa histórica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2022 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

José María Anguita Jaén --profesor e investigador medievalista do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana na Facultade de Humanidades da USC (Campus de Lugo)-- situou a primeira etnoxénese vasca coñecida no relato 'Iulius Caesar ut traditur', recollido no Códice Calixtino.

Así o conclúe no artigo que vén de publicar no Anuario de Estudos Medievais, unha publicación do CSIC que está considerada como a de maior impacto nesta etapa histórica.

Anguita Jaén lembra no seu artigo que este pequeno relato compilado no Códice Calixtino responde a un escrito presentado de forma tradicional ao que nunca se lle outorgou credibilidade nin validez histórica. Este investigador da USC data en 1136 o texto escrito baixo o epígrafe 'Iulius Caesar ut traditur' e atribúe a súa autoría ao monxe benedictino Aymeric Picaud, a quen apunta, así mesmo, como posible autor deste magno códice do século XII.

Á marxe das pescudas máis globais do Codex Calixtinus, Anguita Jaen outorga validez no seu artigo ás "ideas absurdas" plasmadas no relato 'Iulius Caesar ut traditur', unha narración breve e que, "de sempre" foi rexeitada pola crítica, na que explica a orixe dos vasos como un genus mixtum, froito da "unión de mulleres autóctonas con mercenarios romanos de distintas étnicas" (escotos, cornualleses e nubios), que o propio Xulio César enviou a Hispania co obxectivo de someter á poboación ao pago de tributos.

Anguita Jaén sostén, así mesmo, que este relato constitúa a primeira etnoxénese sobre a orixe dos vascos e data a súa escritura varios séculos antes das narracións aceptadas polos primeiros historiadores do señorío de Biscaia, tales como son Barcelos e García Salazar.

TEORÍAS VASCO IBERISMO

O investigador da USC sospeita, ademais, que a narrativa deste texto, cuxo ton e contido podía responder a conflitos prebélicos ou intereses dispares entre o Ducado de Aquitania e o señorío de Biscaia, sostén os elementos que deron lugar ás teorías do vasco-iberismo e o vasco-cantabrismo de Garibay, xa no século XVII.

Máis aló destas consideracións, José María Anguita entende que esta narrativa calixtina tamén pode erixirse en primeira testemuña absoluta dalgúns motivos recolleitos por Jiménez de Rada ou Alfonso X nas etnoxéneses ibéricas incluídas nas súas Historias de España e, máis curioso, doutros inmortalizados un século máis tarde no Poema de Fernán González.

O artigo publicado na Facultade de Humanidades deixa entrever que o modesto relato calixtino obxecto de estudo puidese servir de inspiración a Jofre de Monmouth, o famoso creador de materia artúrica, na 'Historia regum Britanniae'.

Así mesmo, Anguita Jaén tamén pon o foco nalgúns dos elementos nucleares do argumento deste breve texto calixtino están en concordancia perfecta coa teoría da vasconización ou euskaldunización tardía, unha consideración revitalizada nos últimos anos con crecentes datos e argumentos no ámbito da historiografía vasca.

El Códice Calixtino
El Códice Calixtino | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta