Por X.M. Fernández | Verín | 15/02/2022 | Actualizada ás 20:40
“Xa van dous anos desde que comezou a pandemia e todo o rato preguntándonos: Cando acabará? Acabará dunha vez ou teremos que aprender a convivir con isto?”. Así comeza o vídeo promocional do entroido de Verín 2022, amosando a incerteza que nos invadiu este tempo por mor do coronavirus.
“Nunca pensamos que o entroido ía parar”, di tamén Esther Estévez lembrando o ‘Entroido en pausa’ do pasado 2021.
Emocións de reserva, de certo pesimismo que este ano teñen que cambiar. Por iso, o traballo audiovisual diríxenos a un novo tempo, tempo de recuperación de todo o que significa o entroido para as verinesas e os verineses e anímandonoos a celebralo como sempre se fixo pero con sentidiño, sendo a mensaxe final da televisiva Esther unha declaración de intencións: “O entroido está na xente, está en nós e de nós depende poder facelo coidando aos demais e a nós mesmos” .
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.