Os usuarios dos locais de ensaio de Ferrol piden nunha concentración a súa reapertura

Critican a actitude do concello e aseguran que senten "ignorados e ninguneados".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2022 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

Os usuarios dos locais de ensaio que o Concello de Ferrol ten situados na nave provisional do Mercado da Magdalena reclamaron "a súa apertura inmediata" e pediron que a Concellaría de Cultura proceda a polos a disposición dos aproximadamente cen usuarios pertencentes a unha vintena de grupos.

O portavoz do colectivo, Ángel Rodríguez, acusou ao goberno de Ferrol de "comportarse" con eles "dunha maneira moi inmatura", que "se corresponde máis coa actitude dun adolescente que dun concelleiro dunha cidade".

Así o explicaron no mediodía deste mércores, 16 de febreiro, durante unha concentración no Concello de Ferrol, durante unha concentración na que participaron varios dos usuarios destas instalacións e na que estiveron tamén presentes representantes de todos os grupos municipais na oposición.

"Sentimos moi ignorados e non se nos está tratando como nos merecemos, xa que nunca foi cuestión de que se os locais deberían de abrir ou non", xa que en pleno aprobouse unha moción por unanimidade de todos os grupos solicitando esta reapertura. "O único que pedimos é que se comporten como persoas normais e fagan o que prometen", detallou Ángel Rodríguez.

INCUMPRIMENTOS

O portavoz deste colectivo tamén manifestou que entenden "que pode haber contratempos", en alusión á xestión destes locais. "Pero díganolo, somos persoas razoables e ocultarnos a información e ignorarnos só vai conseguir que as cousas vaian a peor", engadiu.

Rodríguez detallou que o goberno que preside Ángel Mato (PSOE) incumpriu ata o momento todas as súas promesas, xa que inicialmente trasladoulles que "se ía a adxudicar a xestión a través dun contrato menor mentres non se convoca un concurso público", algo que non se produciu.

Usuarios dos locais de ensaio concentrados ante o Concello de Ferrol.
Usuarios dos locais de ensaio concentrados ante o Concello de Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta