O Papa Francisco non virá a Galicia

A súa intensa axenda e os casos de pedoflia na Igrexa e a situación política estarían detrás da súa decisión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/02/2022 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O Papa Francisco non virá a Galicia este ano. Segundo apunta elDiario.es, a opción dunha visita papal a Compostela en agosto desvaneceuse.

Papa Francisco
Papa Francisco

Segundo confirmaron fontes vaticanas a este xornal, o xefe do Vaticano decidiu declinar a invitación a Compostela por varias razóns. A máis importante, a imposibilidade de cadrar unha axenda moi apretada polo pouco tempo que pretendía estar na capital galega. Así, a súa intención era realizar unha visita pastoral de tres horas na que tería que dar unha misa diante de milleiros de mozos e reunirse con Rei, o presidente do Goberno español e o da Xunta.

A segunda, a polarización política en España, que farían que a viaxe papal fose interpretada polos distintos sectores en clave partidista. Nun momento en que as relaciones Igrexa-Goberno non pasan polo seu momento sobre todo polo pago do IBI e os casos de pederastia, unha visita  papal polarizaría aínda máis os bloques políticos.

Foi o pasado setembro, nunha entrevista a Carlos Herrera na Cadena Cope, cando o Papa mostrou o seu interese en acudir a Santiago polo seu "particular dobre Ano Xacobeo" para clausurar o Encontro Europeo de Mozos, os días 7 e 8 de agosto, aínda que deixando claro que "sería unha visita a Compostela, non unha visita a España".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta