Xunta e cinco concellos acordan elaborar un novo plan reitor para as Fragas do Eume

A directora xeral de Patrimonio Natural reuniuse cos gobernos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A Xunta e os cinco concellos que forman parte do parque natural das Fragas do Eume acordaron colaborar na redacción do Plan reitor de usos e xestión (Prug) co obxectivo de blindar as futuras oportunidades para este parque natural.

Así o decidiron nun encontro desenvolvido na mañá deste mércores no Centro de interpretación do parque, onde se deron cita a directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta, Belén do Campo, e os alcaldes de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes, todos eles do PSOE.

O fin da reunión convocada pola Administración autonómico era trasladar aos concellos a información sobre a planificación coa que traballa o Goberno galego para dotar este parque dun documento que todas as partes coincidiron na importancia de que saia adiante.

Segundo trasladaron nun comunicado, búscase facer das Fragas do Eume "un parque activo e dinámico, que poña o foco na protección e conservación dunha maneira positiva", e que aposte polo desenvolvemento de actividades e usos para poñer en valor os seus recursos sen comprometer a súa protección.

Belén do Campo trasladou ao conxunto de rexedores socialistas que se definirán distintas zonificacións nas que se concretarán e determinarán os usos permitidos e posibles, como os agrogandeiros, forestais, turísticos ou empresariais e que, por iso, é necesario que todas as administracións se impliquen na súa redacción.

OUTROS COLECTIVOS

Do Campo tamén detallou que a Xunta contactará cos colectivos, entidades e asociacións dos cinco municipios para darlles a coñecer os obxectivos deste plan. Pola súa banda, Aneiros manifestoulles que a Delegación da Xunta en Ferrol propiciará unha implicación directa dos concellos. "As portas da Delegación están abertas para atender todas as sensibilidades", detallou.

Fragas do Eume
Fragas do Eume | Fonte: Fonte: Socialistas Españoles en el Parlamento Europeo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta