Adeus aos 'vacinódromos': finaliza a inmunización da poboación diana galega

O presidente da Xunta celebra o avance da vacinación, pero pide "prudencia" e insiste en que "as pandemias non acaban por decreto".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2022 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou que esta semana está previsto culminar a vacinación de menores de 5 a 11 anos, salvo excepcións puntuais, polo que se dará por pechado na Comunidade o proceso de inmunización fronte á covid-19 para a poboación diana fixada polas autoridades sanitarias.

Mocidade agarda na Cidade da Cultura o día de arranque da vacinación masiva a menores de 20 anos
Mocidade agarda na Cidade da Cultura o día de arranque da vacinación masiva a menores de 20 anos | Fonte: Europa Press.

Nesta conxuntura, a partir do domingo está previsto que pechen os grandes recintos de vacinación en funcionamento en Galicia, coa excepción da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, onde se manterán durante unha semana máis.

Feijóo celebrou os avances na vacinación, pero aínda así, co debate no aire da retirada das máscaras en espazos interiores, apelou á "prudencia" cun aviso: Aínda que toda a poboación "desexa" dar por finalizada a pandemia, este tipo de situacións "non as pechan os políticos, os decretos ou as decisións dos gobernos", senón datos epidemiolóxicos "obxectivos e contrastados".

IMPACTO DO ENTROIDO, PERO BOA SITUACIÓN HOSPITALARIA

Neste sentido, igual que fixo a pasada semana, aludiu ao empeoramento da situación epidemiolóxica, cunha especial incidencia en Ourense, onde volveu insistir en que as festas do Entroido teñen especial relevancia. En todo caso, reiterou que a situación de Galicia no que se refire á presión asistencial mellorou, e incidiu en que máis da metade das persoas hospitalizadas e diagnosticadas con covid-19 (un 53%) non ingresaron por esta doenza como causa principal, senón por outra prevalente e logo resultaron ser positivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta