Críticas por xustificar a discriminación ao galego

Ciberirmandade de Fala remite un comunicado no que denuncia que o Hospital Modelo da Coruña defende a unha das súas médicas que recriminou a un neno por falarlle en galego alegando que non é galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2007 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora. A direción do hospital, en troques de pedir disculpas e tomar medidas contra a profesional, difundiu un comunicado no que explicaba que a médica non é galega e non ten competencias lingüísticas abondas para comprender a nosa lingua; continuaba o comunicado falando dos criterios de seleición do persoal no que, como non, o idioma propio de Galiza e dunha boa parte dos galegos e galegas non importa o mais mínimo.

A CiberIrmandade considera que esta nova agresión á nosa lingua e aos nosos dereitos non pode ficar sen resposta. Envía un correo electrónico ao Hospital Modelo solicitando que tomen medidas para que a situación non se volva repetir, abran unha investigación do sucedido, poñan en funcionamento un servizo de normalización lingüística e, como mostra clara da sua vontade, galeguicen o seu web. Envía o prego dende eiquí e agora."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

31 Jesús

Dice Carlos: “o cativo ten o dereito a usalo cando lle pete”. Y a quedarse sin tratamiento también. La cabezonería es mala consejera.
Carlos, ¿estabas allí para certificar las maneras? No se por que tengo la impresión de que las malas maneras eran del niño y de su madre. ¿Habían llamado previamente a la prensa, radio y televisión?

30 evo

así anda o galego, hospitalizado e baixo prescripción facultativa: non se empregue en exceso que proe.
E xa se sabe, os proidos sonvos dun vicioso rasca rasca que semellamos tela sarna con gusto.

29 Pardo de Cela

O sectarismo non ten cancelas. O Hospital Modelo ten un concerto co Sergas, si quere facer o que lle peta, que rache co concerto.
O neno falou nun idioma oficial, o propio de Galicia, non é niguén esa señora para reprendelo. Se o descoñecese, calquera con boa vontade chamaría a outro médico, enfermeira ou auxiliar, e todo solucionado. Por qué non o fixo así?. Apunta a modos de colonizador prepotente e con complexo de inferioridade por só falar un idioma.
Saudos ao sr. "de aquí", insultador oficial do foro cada vez que participa. Si non ten argumentos, por favor, cálese e non insulte aos demais que non pensan ou opinan como vostede.

28 gon

alén dos dereitos linguísticos e dos dereitos humáns -que non son cousa menor- a cuestión é ¿pode exercer a mediciña en Galiza quen non entende aos pacientes? por qué non contrata a un intérprete? So me refiro a medidas para protexer a saúde, dereitos humáns ao marxe -ainda que entendo non son cuestións marxinais-

27 Oscar

De aquí, primeiro:
o Artigo 5 apartado 4 do Estatuto o di claramente
http://www.xunta.es/estatuto
Ao neno se lle discriminou por falar galego, iso vái contra o Estatuto. Pero como ninguén é tan mala persoa de aplicar as leis ao pé da letra, todos admitimos que a doutora poida pedirlle que fale en castelán se é recén chegada. O apartado anterior, o 5.3 tamén o di claro: no sector público, en galego, pero coma ninguén é tan malo, pois pasamos se alguén fala en castelán. Sen embargo, o feito de que ese hospital sexa privado, non quita o cumplimento do 5.4. Isto dende o punto de vista legal.
Seguindo, xa dende un punto de vista persoal e moral. Pois mira, coma ti bén dis pode levar vinte anos aquí e non entender nin papa. Pero iso dirá moito da súa intelixecia. Como para pasar a carreira de Mediciña hai que ser unha persoa intelixente, temos unha contradicción. É intelixente porque é doutora pero non o é porque tras vinte anos non entende o galego. ¿Solución evidente da contradicción? Estános insultando, e cre que a lingua galega é inferior e non merece a pena aprendela. O cal encaixaría perfectamente con eses malos modais que se di que empregou coa familia galego falante; sinal inequívoco de que os mirou coma inferiores por falar unha lingua inferior.
"Si hay igualdad que sea para todos." Iso, iso.