Comezan a baixar os casos covid tras a incidencia do Entroido

Outros 7 falecidos elevan a 3.207 as vítimas da pandemia en Galicia e aumenta a taxa de positividade a un 11%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2022 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por segundo día por baixo dos 2.000 diarios en 1.291 en Galicia e os casos activos baixan a 20.876 --que supoñen uns 960 menos que os rexistrados a xornada anterior--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 467 --catro máis-- en Galicia no comezo desta semana na que entrou en vigor o novo protocolo de vixilancia e control deste virus, que elimina os illamentos aos positivos e déixase de facer probas diagnóstica á poboación xeral.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, mantéñense 25 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia e ascenden a 442 as hospitalizadas en unidades convencionais --catro máis--, mentres que 20.409 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana --o martes 22 de marzo-- había 436 hospitalizados, 18 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres das sete: A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza e Lugo; mantense sen cambios na de Ferrol e aumenta nas outras tres: Vigo, Ourense e Pontevedra-O Salnés. En concreto, na da Coruña e Cee seguen sete pacientes Covid en UCI e baixan a 89 os ingresados noutras unidades --un menos--; mentres que na de Santiago e Barbanza continúan seis en críticos e descenden a 77 os hospitalizados noutras unidades --catro menos--.

No caso da de Lugo quedan dous en UCI --uno menos-- e hai 34 ingresados noutras unidades --dous menos--, mentres que na de Ferrol segue un en críticos e 46 noutras unidades, en ambos os casos sen cambios. Por contra, na área de Vigo mantéñense dous pacientes Covid en UCI, pero aumentan a 76 os ingresados noutras unidades --seis máis--, mentres que na de Ourense aumentan a cinco os críticos --un máis-- e a 70 os hospitalizados noutras unidades --catro máis--. E no caso da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúan dous pacientes Covid ingresados en UCI e aumentan a 50 os hospitalizados noutras unidades --un máis--.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

A tendencia descendente dos casos activos de Covid-19 mantense por segunda xornada consecutiva ao baixar a 20.876, que implican 963 menos que os rexistrados no inicio desta semana ao haber de novo máis altas (2.247) que contaxios (1.291), ao que se engaden sete falecementos. Hai unha semana --o martes 22 de marzo-- había 20.663 infeccións activas.

O descenso de casos é xeneralizado en seis das sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (-233), seguida da de Vigo (-208), Santiago e Barbanza (-190), Lugo (-150), Pontevedra e O Salnés (-127) e Ferrol (-102), mentres que na de Ourense aumentan (+56). Por tanto, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 4.335; seguida da de Vigo, con 3.960; Santiago e Barbanza, con 3.427; Lugo, con 2.438; Pontevedra e O Salnés, con 2.320; Ourense, con 2.273; e á cola segue a de Ferrol, con 2.045.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por segunda xornada seguida por baixo dos 2.000 diarios desde o 16 de marzo, ao haber 1.291 este martes, tras comezar esta semana con 1.045 novos casos abertos nas últimas 24 horas.

En canto á taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- volve ascender ata o 11,34 por cento, tras reducirse ao 7,7% no inicio desta semana. Por tanto, continúa por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS

Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 3.207 persoas pola Covid-19 tras notificar este martes a Consellería de Sanidade outro sete óbitos, todos eles de persoas con patoloxías previas.

Dos catro falecementos, catro rexistráronse o pasado 25 de marzo na área sanitaria de Vigo, correspondentes a catro homes de 69, 74, 77 e 95 anos de idade. Pola súa banda, o día 26 morreu unha muller de 92 anos na de Ferrol.

E as outras dúas vítimas faleceron o 27 de marzo: un home de 85 anos na área sanitaria de Santiago e Barbanza e outro home de 78 na de Vigo.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / ANA VARELA - SERGAS.   / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / ANA VARELA - SERGAS. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta