Pontón pide máis investimentos no naval e en I+D+i nas Pontes para frear a crise de Ferrolterra

Así o manifestou a portavoz nacional do BNG na súa participación nun almorzo informativo organizado polo Club de Prensa de Ferrol, onde lamentou que a Xunta "estea desaparecida" na crise que atravesa a cidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apostou por incrementar os investimentos do Estado no sector naval de Ferrol e crear un centro de I+D+i para a xestión e almacenamento de enerxía nas instalacións da central das Pontes como vía para atallar a crise económica que atravesa a comarca de Ferrolterra.

Así o manifestou na súa participación nun almorzo informativo organizado polo Club de Prensa de Ferrol, onde a líder nacionalista lamentou que a Xunta "estea desaparecida" na crise que atravesa a cidade e criticou que as súas propostas "son para que actúe o Estado, pero nada dentro das súas propias competencias".

"(Xunta) Só bota balóns fóra e fai que fai", engadiu Pontón, que instou ao Executivo galego a "utilizar as competencias industriais que ten para apostar por Ferrol". Con todo, tamén sinalou ao Goberno central porque, lembrou, "Ferrol é a cidade galega máis dependente do Estado e, por tanto, a súa crise explícase polas decisións que se toman a ese nivel e que minan a súa capacidade produtiva".

Así, cre que "no momento en que se decide que en Ferrol non se fabricarán barcos (civís) estáselle dando unha puñada á cidade". "Non a pode seguir discriminando e iso tamén é consecuencia da falta de peso político de Galicia", incidiu a portavoz do Bloque.

Pontón tamén se referiu ao adiamento do acto de corte de chapa das fragatas F-110 para a Armada española, o que levou a sentenciar que a ciduad "está cansada de fotos e propaganda" "Hai que facer unha aposta pola construción naval civil, pola mellora das instalacións e por dar futuro a un sector crave non só para Ferrol, senón tamén para Galicia", aseverou.

CRISE EN "OPORTUNIDADE"

Así as cousas, Pontón apelou a "converter nunha oportunidade para esta comarca a actual crise enerxética". Para iso, considera fundamental a instalación na comarca, concretamente nas Pontes, "dun centro de I+D+i para a xestión e almacenamento de enerxía".

A modernización do ferrocarril entre Ferrol e A Coruña é outra das demandas que expuxo a portavoz nacional do BNG, unha actuación que, di, require un investimento "moi pequeno", polo que só fai falta "vontade política".

Por outra banda, reclamou o cambio "deste modelo de globalización" por outro que aposte polos produtos locais e por "volver localizar industria no país". "Temos unha xoia que necesita porse en valor e revitalizarse", sentenciou.

Por último, Pontón subliñou que Ferrol "o ten todo", pero que está "abandonada por unha falta de proxecto municipal e aí o BNG é a alternativa". Neste sentido, enxalzou o mandato do nacionalista Xaime Belo entre 1999 e 2003 que, para a portavoz do BNG, desmuestra que é posible "unha idea de cidade distinta".

Así, apuntou ao "proxecto de cidade exitoso" posto en marcha polo BNG en Pontevedra que, segundo Pontón, "pode facerse en Ferrol adaptándose á súa realidade". "E para iso hai que cambiar a mentalidade de que a cidade non ten futuro, porque si que o ten", sentenciou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns

PREZOS DA LUZ

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expuxo limitar os prezos de luz, gas e carburantes de forma "estable no tempo" para aliviar o incremento dos prezos, que ve necesario atallar desde a intervención pública. Nun almorzo informativo organizado este mércores polo Club de Prensa de Ferrol, Pontón avogou por subir os impostos ás compañías eléctricas "para que paguen o que é xusto" e os seus "beneficios absolutamente desorbitados" poidan repercutirse en "medidas para saír da crise".

Pontón cargou contra as "portas xiratorias" que se dan entre o poder político e o lobby eléctrico, ejemplificado, ao seu xuízo, nos casos do expresidente José María Aznar e o exministro Pedro Solbes. A líder frontista tamén lamentou a "falta de contundencia" da Xunta. "Temos un goberno interino e un presidente da Xunta que só actúa como presidente do PP", espetou Pontón.

Referiuse ademais á proposta de Feijóo de rebaixar os impostos, unha receita, afirmou, "moi vella que di que hai que baixarllos aos que máis teñen para seguir desmantelando o público en beneficio dos privado".

"Iso é o que representa a proposta o PP, porque a súa filosofía é abrazarse ao lobby eléctrico", aseverou Pontón, que reiterou a necesidade "vital" de que Galicia dispoña dunha tarifa eléctrica propia. "Non pode ser que asumamos un impacto tan forte (ambiental, contaminación, social) pola produción enerxética e que eses beneficios non queden aquí", aseverou.

Así, aludiu á "excepción ibérica" negociada polo Goberno central en Bruxelas e instou o Executivo a "ter con Galicia a mesma sensibilidade que se pide en Europa" e facilitar o que definiu como a "excepción galega". Segundo Pontón, esta tarifa diferenciada para un territorio ten precedentes en países europeos como Alemaña, onde "as zonas produtoras teñen unhas tarifas máis baixas precisamente para compensar polos custos e os impactos ambientais e sociais". Por último, esixiu que a enerxía "non sexa un ben especulativo, senón un ben básico" e insistiu en que Galicia "ten dereito a beneficiarse da súa riqueza eléctrica".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta