Os medios ante os grandes da canción

Case 50 xornalistas, entre cámaras e redactores, asistiron hoxe a rolda de prensa de Alejandro Sanz para presentar o concerto que dará o vindeiro sábado en Santiago con Shakira, a maior parte deles dos chamados medios do corazón. E, por suposto, non faltaron os "pelotilleros de turno"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Pero o espectáculo chegou cando unha redactora dun novo programa da TVG (que comezará a emitirse en breve), 'Acompañame', agasallou ao divo con "ostras frescas traídas directamente del mercado de La Piedra de Vigo" e cun peluche en forma de corazón cun lema do estilo 'Galicia te quiere'.

Por suposto, as ostras foron servidas nun prato logo de agardar nunha neveira portatil que a redactora tivo con ela durante toda a rolda de prensa. E como en todo encontro cos medios dos grandes da farándula non faltou o típico "que bonita es Galicia" y "uno de mis abuelos era gallego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

1 crónica

TVG. Tele Verbena Galega. Somos o que vemos... Que pena!!