Pode a Xunta bloquear un usuario de Twitter dende a súa conta oficial?

O bloqueo dun tuiteiro por parte do ente autonómico reabre un debate que podería ter a súa resposta nos xulgados dos EE.UU..

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Un usuario galego de Twitter denuncia que a Xunta de Galicia, a través do seu perfil institucional, vén de "bloquealo", impedíndolle o acceso a todas as publicacións do axente público na rede social e, tamén, o contacto directo cos responsables do mesmo. A nova saltou na tarde do pasado 4 de abril, facéndose pública da man do propio bloqueado.

Bloqueo da Xunta
Bloqueo da Xunta | Fonte: Twitter - @danquintela

O bloqueo da Xunta de Galicia ao usuario en cuestión pode semellar un suceso baladí ou irrelevante, pero está por ver se a decisión do Executivo autonómico --ou, máis ben, dos xestores da conta-- contravén ou non a legalidade española. A rápida emerxencia das redes sociais nos últimos anos provocou un baleiro legal que deixa á decisión dos xuíces moitas das polémicas acontecidas sobre este respecto: ante a falta de lei, manda a xurisprudencia.

Acontece que en países con sistemas democráticos relativamente paralelos ao español, como o caso dos EE.UU.. En 2018 unha xuíza do país ditaminou que Donald Trump estaba a vulnerar a liberdade de expresión dos usuarios que bloqueara en Twitter. Aducía que Trump non eran xa usuario calquera, senón o presidente dos EEUU, e que como tal os cidadáns estadounidenses tiñan dereito a expresarse ante el e recibir a súa información.

A cuestión estaría agora en se esta sentencia sería tida en consideración polos xuristas españois no caso de que algún destes bloqueos chegara ante os tribunais. No fío de Twitter relativo ao bloqueo por parte da Xunta, xa hai quen dá por feito a ilegalidade da cuestión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta